PÁXINAS

martes, 20 de noviembre de 2018

PROGRAMA DE RADIO MARAÑA-VERSOS PARA MORRER DE MEDO E DE RISA

Ola amig@s!Aquí tedes o programa de Radio Maraña. Neste podcast podedes escoitar o nome dos gañadores do Concurso de Samaín e algúns dos poemas premiados. Grazas a tod@s pola vosa colaboración!



viernes, 16 de noviembre de 2018

ZAMPALIBROS

Neste mes de de Novembro queremos facer a nosa homenaxe a dous días importantes:


Así que xa temos preparada a libraría coas nosas lecturas. Estade atent@s...haberá puntos extra!!


CONCURSO LITERARIO E ARTÍSTICO SOBRE O MAGOSTO

Ola amig@s! Nesta ocasión, a Araña Maraña convídanos a participar nun Concurso sobre o Magosto en colaboración co Concello de Vilar de Barrio e a Deputación de Ourense. 


martes, 13 de noviembre de 2018

CONCURSO DE VERSOS DE MEDO...



Os autores das tres propostas gañadoras serán os/as locutoras do programa de Radio Maraña.


Os pequenos piuderon desfrutar dun xogo cos escornabots!!



O ZAMPALIBROS

Pinacha no seguinte enlace para ler as bases desta dinámica de Animación á Lectura:

As primeiras lecturas que nos propón o ZAMPALIBROS están contextualizadas na celebración do Samaín-Halloween. Aquí está a nosa libraría terrorífica...



DÍA DAS BIBLIOTECAS


O 24 de outubro é unha data sinalada como Día da Biblioteca
Como cada ano, presentamos o novo cartel co seu Lema:
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Aquí está o cartel da CDU co que nos agasallaron desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares.

A Clasificación Decimal Universal (CDU) é un sistema estandarizado polo que se distribúen todos os documentos relacionados co coñecemento humano en 10 categorías que, á súa vez, se van subdividindo noutras 10 categorías (e así sucesivamente), na medida en que se precisa maior concreción. Para os centros de infantil e primaria non se recomenda pasar dos dous díxitos.
Recordamos cómo están catalogados os noso libros cos encargad@s da biblio e de paso, lle dimos unha volta ás estanterías.


Ese día aproveitamos para repartir os carnés de socio da biblio ós novos alumnos e alumnas e un curso máis, as nosas MOCHILAS VIAXEIRAS comezan a súa andaina. 
Este ano cun novo proxecto: IMOS LER XUNTOS!




Ademais, puxemos en marcha unha dinámica de Animación á Lectura moi interesante: 
O ZAMPALIBROS.

Trátase de ir lendo uns libros que nos propón a Araña Maraña. Por cada libro que lean @s alumn@s, se lles dará uns puntos. A partir de 400 puntos, cada nen@ poderá colocar a súa fotografía na libraría do ZAMPALIBROS e, pouco a pouco ir subindo de categoría. 
Esta actividade está resultando todo un éxito:



INAUGURACIÓN DO BLOG

Boas amigos e amigas! Despois dun comezo de curso algo axetreado, por fin estamos a mudar e estrear o novo espazo de publicacións da nosa biblioteca, a Biblioteca da Araña Maraña.
A partir de agora, intentaremos actualizar toda a información, concursos e demais dinámicas que acontecen na nosa Biblioteca. Así que, estade atentos: Espéranos un curso cheo de novidades...Desexo que as disfrutedes!! 

SE QUERES CONSULTAR ANTIGAS PULICACIÓNS, PINCHA NO SEGUINTE ENLACE: