PÁXINAS

martes, 25 de octubre de 2022

ESCRIBIMOS O SAMAÍN

Preme no libro dixital para ver as historias de medo do noso Samaín. (Podes poñelo en pantalla completa)

sábado, 22 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A Consellería de Educación publicou o lema elexido para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022-23: ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR. Desde Bibliomaraña aceptamos o reto de escribir. Escribir para: saber e aprender, comunicar e comunicarnos, escribirnos, coñecernos, relacionarnos, compartir escritos, colaborar, incluír, visibilizar, crear, desfrutar... Mostramos o cartel co lema deste ano, deseñado por Belen L. Méndez, coñecida como “nacu”; e tamén a primeira propostra de escritura e creación feita pola Araña Maraña, mascota da nosa biblio, coa temática do Samaín.

miércoles, 19 de octubre de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

Este ano, no día das escritoras, tratamos de facer unha homenaxe ó papel fundamental destas mulleres cando se viron envoltas en situacións de conflito bélico e sufrimento. Todo o alumnado de Primaria se involucrou e o resultado foi este podcast que podedes escoitar a continuación.

OBRADOIRO SOBRE AS REDES SOCIAIS NO CAMIÑO DE SANTIAGO

A biblioteca debe ser fonte de información e conexión entre o centro co seu alumnado, e toda a comunidade educativa; por iso, o 4 de outubro tivemos dous obradoiros, un en horario escolar, para 4º, 5º e 6º; e outro fóra do horario escolar, aberto a familias e público en xeral. O tema: as redes sociais, coas súas vantaxes, perigos e consecuencias do publicado, precaucións a ter en conta e elaboración de filtros para as mesmas. Grazas a CEO ABERTO, por facelo posible en colaboración con BIBLIOMARAÑA.

lunes, 17 de octubre de 2022

INAUGURACIÓN CURSO

Comezou un novo curso e con el un acto de apertura de BIBLIOMARAÑA, no que o alumnado de 6º, como axudantes da biblioteca, faláronlles ós máis pequenos dos diferentes recunchos e normas, fixeron entrega das mochilas viaxeiras, o sorteo dos padriños lectores, e realizaron unha batería de actividades nas que eles e elas, novos bibliotecarios, foron coordinando ós diferentes grupos e traballando a lectura, a expresión e desenrolo da creatividade con actividades artísticas e diferentes xogos. Unha xornada moi completa...!!!