PÁXINAS

sábado, 17 de diciembre de 2022

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS (10 DE DECEMBRO)

Para conmemorar este día, en Bibliomaraña fíxose un obradoiro de lectura con libros relacionados cos dereitos humanos e cos dereitos da infancia. Estiveron unha semana expostos nun lugar preferente, para que todo o alumnado do centro e os mestres os tiveran á man e traballaran con eles dun xeito especial.

Amosámosvos algún dos libros seleccionados.



DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADES

 O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das persoas con discapacidades. No noso colexio non quixemos pasar por alto esta data por parecernos que o fomento da igualdade é o respecto hacia os demais, é algo imprescindible e así queremos que o vexa toda a nosa comunidade escolar.

Nas aulas tratouse a temática nas diferentes áreas, tendo como produto final un mural colaborativo que contén un poema, feito de maneira conxunta, para expresar os sentimentos e desexos do alumnado ante situacións e casos de persoas con discapacidades. Tamén fixeron ilustracións nas que plasmaron a valentía, a loita e o tesón deste colectivo, chamándolles especial atención o relacionado co deporte e os Xogos Paralímpicos.

Traballamos desde Bibliomaraña cun vídeo sobre deporte e discapacidades diversas.




 

miércoles, 14 de diciembre de 2022

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Xa sabemos que a ciencia é sempre importante, pero no mes de novembro, en Bibliomaraña prestámoslle unha atención especial levando a cabo diversas actividades:

    - Deixamos que apareceran fungos en varios alimentos e observamos minuciosamente o que acontecía co paso dos días.
                                           

    - O alumnado maior mostroulle ós máis pequenos novos produtos cultivados nas súas fincas ou nas da veciñanza. Previamente investigaron para poder compartir a información obtida. Destacamos as esponxas naturais e a feixoa.






     

    - Prantamos diferentes seméntes para estudar a evolución e crecemento. 


     

    - Reproduciron, con ceras de pintar trituradas, a formación das rochas.

     


    - Observaron polo miúdo diferentes insectos.


    - Prepararon presentacións sobre o animal que escolleu cada quen e foron expostas para o resto da clase, traballando as características dos diferentes grupos de animais.


    - Visitamos a exposición da Fundación Abanca: La Palma, volcán e vida.  Ademáis de ver fermosas imaxes, tivemos a sorte de poder meternos dentro do volcán e dunha vivenda de La Palma grazas ó uso de gafas 3D e participar a continuación nun obradoiro STEM no que tivemos que programar con Scratch unha placa microbit para superar algún reto de alarma relacionado coa actividade volcánica.




    O alumnado de 5º preparou diferentes presentacións sobre un animal elexido  por cada quen e, que despois foron expostas tendo como ointes o resto da clase, 4º, 5º e 6º.