Hoxe, 27 de abril, tivemos no colexio un obradoiro de radio guiado por unha locutora e unha técnica de son de Radiovoz. Primeiro estivemos na biblioteca recordando as partes que debe ter un programa e como se elabora a escaleta. A continuación veu a parte práctica: traballamos a edición con Audacity, compartimos con elas os arquivos dun programa que tiñamos a medio facer e elaboramos un noticieiro a partir dos xornais do día.Todos rotamos polos micrófonos e polo control, traballando co ordenador e a mesa de son. Agradecemos a Radiovoz e ó seu persoal que compartiran con nós esta xornada.
Un espazo adicado a publicar as actividades da Biblioteca da Araña Maraña do noso centro, o CEIP-P. VILAR DE BARRIO, Ourense
PÁXINAS
jueves, 27 de abril de 2023
ACTIVIDADE DE RADIO CON RADIOVOZ
Hoxe, 27 de abril, tivemos no colexio un obradoiro de radio guiado por unha locutora e unha técnica de son de Radiovoz. Primeiro estivemos na biblioteca recordando as partes que debe ter un programa e como se elabora a escaleta. A continuación veu a parte práctica: traballamos a edición con Audacity, compartimos con elas os arquivos dun programa que tiñamos a medio facer e elaboramos un noticieiro a partir dos xornais do día.Todos rotamos polos micrófonos e polo control, traballando co ordenador e a mesa de son. Agradecemos a Radiovoz e ó seu persoal que compartiran con nós esta xornada.
OBRADOIROS DE TEATRO
Reanudamos os obradoiros de teatro con Manuel. Con el aprendemos a expresarnos de maneira lingüística e corporal, a reflexionar e a respectarnos. Desfrutamos moito da actividade.
lunes, 24 de abril de 2023
DÍA DO LIBRO
O Día do Libro é unha data importante para quen somos amantes da lectura e a cultura, por iso, en Bibliomaraña, o alumnado de infantil, 1º, 2º e 3º, opinan sobre o seu libro preferido, invitándonos a ler.
Para ver o vídeo coas súas opinións lectoras, preme na imaxe.
Outra actividade conmemorativa foi un encontro na Bublioteca Municipal, do alumnado do centro e maiores do Centro de Día. Alí intercambiamos lecturas e poemas. Rematamos cuns minutos de xogo e regresamos ó colexio.
lunes, 17 de abril de 2023
MOCHILAS TEMÁTICAS PARA FAMILIAS
Desde Bibliomaraña, dentro do programa LECTURA E FAMILIAS, quedan a disposición unhas mochilas temáticas de: MANUALIDADES, XOGOS E MÚSICA.
O fin destas mocchilas é que sexan desfrutadas en familia, traballando habilidades e destrezas e compartindo tempo de lecer. Por iso, a nosa biblioteca segue abrindo portas e facendo comunidade.
Para poder facer uso delas, serán as propias familias as que as soliciten ó tfno do centro (988449043). No caso de que estean ocupadas, anotarase unha data de reserva. Poden estar nas casas unha ou dúas semanas, según preferencia dos usuarios.
Amosámosvos o contido destas mochilas e trataremos de seguir preparando outras novas, que resulten motivadoras para alumnado e familias.
ANÍMATE E FAI XA A TÚA SOLICITUDE...!!!
miércoles, 12 de abril de 2023
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
En relación a este día, cuxa conmemoración ten lugar o 7 de abril, fixemos varias actividades, en diferentes datas. Unha delas, un obradoiro sobre OBESIDADE INFANTIL que foi guiado por profesionais da saúde, do PAC comarcal de Xinzo de Limia. Déronnos moitos consellos, invitáronnos ás boas prácticas alimentarias e con elas fixemos galletas sen azucar de plátano e avena, cunha chispiña de chocolate negro. Foi divertidísimo e estaban moi saborosas.
Tamén estamos a traballar coas familias nun pequeno proxecto de prevención do ICTUS, no que o alumnado se está formando para formar á súa vez ós seus familiares e que todos recoñezan os síntomas do ictus e sepan como actuar nun momento dado. Con isto, tal vez algún día podan salvar a vida dun ser querido en perigo por actuar con rapidez, que é o mellor dos remedios nesta enfermidade.
miércoles, 5 de abril de 2023
1 de abril: DÍA DAS ARTES GALEGAS
O traballo dos alfareiros e alfareiras pode considerarse un campo importante dentro das artes e a artesanía de Galicia. Se a esto unimos que estamos levando a cabo este ano un proxecto do Camiño de Santiago, no que entre outras cousas traballamos os oficios do camiño, xa temos motivos máis que suficientes para ter un obradoiro de alfarería no colexio. Compartimos o día con profesionais e ferramentas da alfarería do Batán. Aproveitamos para facerlles unha entrevista na radio que xa vos mostraremos dentro do programa OS OFICIOS DO CAMIÑO.
Preme na imaxe para ver un vídeo de como traballamos.