PÁXINAS

domingo, 28 de mayo de 2023

OBRADOIRO PARA FAMILIAS E ALUMNADO CON ROCHI NÓVOA E DANI

 Familias e alumnado desfrutamos dunha xornada coa poetisa Rochi Nóvoa traballando a composición en pequenos e grandes grupos. Con ela veu Dani, que nos acompañou coa súa guitarra. Poesía, música, creatividade, risas, rimas... pódese pedir máis?

                                       






lunes, 15 de mayo de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 As Letras Galegas non son cousa de un día, pero desde fai algún tempo, e con máis intensidade, nesta semana, estamos profundizando sobre a vida e a obra de FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, escritor homenaxeado no 2023.

Elaboramos presentacións por grupos, que serán expostas para todo o alumnado do centro; traballamos coas tabletas nun Snote con información, exercicios, xogos e pasatempos sobre o escritor; lemos e analizamos minuciosamente a información dos carteis deste ano, e traballamos na proposta que a Araña Maraña, mascota da nosa biblioteca, nos fixo para que elaboremos un BioPoema de Francisco Fernández.


Deixámosvos algunhas imaxes do traballo do alumnado:




Os tres alumnos de 4º deixanvos esta presentación feita na clase de galego. Preme para poder vela.

                                                               VER PRESENTACIÓN

Na aula dos máis pequenos de primaria tamén investigaron e traballaron co autor homenaxeado:



Na aula de infantil, tamén celebraron a Semana das Letras:




PROGRAMA DE RADIO: OS OFICIOS DO CAMIÑO.

 Este programa é unha aportación do alumnado desde Radiomaraña para o proxecto de centro sobre o Camiño de santiago. Ó longo de diferentes episodios, traballaranse unha morea de oficios relacionados co Camiño.

Collemos como base de traballo o libro OFICIOS E PROFESIÓNS POEMAS SON, de Concha Blanco e pedimos a colaboración de familias, veciñanza, maiores do centro de día, escritoras, asociacións e diferentes personalidades que foron colaborando en cada un dos episodios.

Hoxe amosámosvos o primeiro, que foi feito polo alumnado de 4º, 5º e 6º, coa colaboración de RadioVoz que tivo a ben facer un obradoiro de radio no noso centro e coa participación de dúas familias que colaboraron co recitado.

Encántanos a radio, este proxecto e estamos moi ilusionados e ilusionadas traballando nos próximos episodios, con novos oficios e novas sorpresas. Escoitade o primeiro e seguiremos engadindo oficios:


sábado, 13 de mayo de 2023

SAÚDE BUCODENTAL

   En abril conmemoramos o Día mundial da Saúde, como xa vos contamos en datas anteriores. Levamos a cabo varias actividades, pero quesou pendente unha delas por adaptación de datas. Tratase dunha conferencia on line con especialistas do Colexio Oficial de Odontoloxía.

    Agradecemos a información que nos deron e as respostas a múltiples interrogantes que foron xurdindo e que se prantexaron  ó final da charla, nunha ronda de preguntas na que participamos todos os colexios asistentes a videoconferencia.



Ademais desta videoconferencia, temos traballado noutros programas relacionados coa saúde da boca:



 

viernes, 12 de mayo de 2023

OBRADOIRO CON YOLANDA CASTAÑO

   O xoves, 11 de maio tivemos a sorte de contar con Yolanda Castaño no noso colexio, no marco do proxecto BIBLIOTECA E FAMILIAS, para levar a cabo un obradoiro de poesía ó que asistiron familias e alumnado, baseado nun contacontos do seu libro COLLER AS RENDAS, no que cada un dos animaliños protagonistas teñen un camiño que trazar; e tanto eles coma nós, debemos aprender a valorarnos e respectarnos tal como somos e loitar para trazar o camiño que queremos seguir.

   Desfrutamos moito con ela, traballamos poemas e letras pero tamén a autoestima e moitos outros valores que nos transmitiu coas súas sosegadas palabras. Ninguén tiñamos présa por rematar o obradoiro e ata conseguimos levala a Radiomaraña e gravar con ela un poema e unhas recomendacións para un dos programas de radio que estamos facendo, OS OFICIOS DO CAMIÑO, no que unha das profesións das que falamos é a de escritora.







viernes, 5 de mayo de 2023

NOTICIAS NUN CHIS - 4 de maio

Escoita o noso noticieiro, no que, desde Radiomaraña, damos conta das novas de actualidade.