Un espazo adicado a publicar as actividades da Biblioteca da Araña Maraña do noso centro, o CEIP-P. VILAR DE BARRIO, Ourense
PÁXINAS
jueves, 30 de noviembre de 2023
A XANELA DA IGUALDADE
martes, 28 de noviembre de 2023
GRANDES MULLERES I : SOPHIE GERMAIN E OS NÚMEROS PRIMOS EN RADIOMARAÑA
Tal como prometemos fai uns días, amosámosvos o podcast que elaboramos sobre esta gran matemática.
lunes, 27 de noviembre de 2023
APOIAMOS O 25 DE NOVEMBRO
Son moitos os campos de traballo e apoio á NON VIOLENCIA e en favor da IGUALDADE.
Comezamos por recomendar unhas lecturas desde Bibliomaraña:
O alumnado máis maior fixo en papel o deseño da súa camiseta, que despois pasaron á tea e estes son os resultados:
IGUALDADE E COIDADOS CO CDR O VISO
Seguimos a traballar a NON VIOLENCIA, relacionándoa cos coidados, atencións e outros actos positivos completamente opostos á violencia.
Tivemos dous obradoiros, un para o alumnado máis maior. Fixeron a súa propia constelación na que as estrelas representan as persoas e outros seres a quen o alumnado coida ou polos que é coidado. Establecendo entre elas lazos de relación que unen unhas estrelas con outras.
Meteron mensaxes e palabras contrarias á violencia na CAIXA de resolución de conflictos
A CIENCIA E A COSMÉTICA: BOMBAS DE BAÑO
Esta actividade consistiu en iniciarnos na química coa fabricación de cosméticos. Hoxe fixemos bombas de baño aprendendo a base química do seu funcionamento, personalizándoas con diferentes cores e perfumes. Noutra xornada tocaranos facer unha crema hidratante. De momento imos desfrutar dun baño de burbullas con explosión de cor e olor.
martes, 21 de noviembre de 2023
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Neste mes, tan cargado de actividades e eventos, non podemos esquecer traballar desde a biblioteca os Dereitos da Infancia, que tantas veces se pasan por alto co conseguinte sufrimento de moitos cativos e cativas.
viernes, 17 de noviembre de 2023
O GLOBO NEGRO: UNHA LECCIÓN DE IGUALDADE
Este curso, tratamos a igualdade dun xeito especial, Esperamos que este relato do globo negro sexa unha lección para todos e todas. Escoitade este pequeno programa de radio feito polo alumnado de 6º.
miércoles, 15 de noviembre de 2023
GRANDES CIENTÍFICAS: SOPHIE GERMAIN
Dentro do estudo de grandes científicas e mulleres importantes, que estamos levando a cabo para fomentar a igualdade e valorar a importancia da muller no mundo da ciencia, o alumnado investigou sobre a vida e obra de Sophie Germain e cada un preparou a súa presentación, que despois expuxo ante o resto do alumnado. En breve teremos elaborado un pequeno programa de radio sobre esta gran matemática e estudosa dos números primos.
viernes, 10 de noviembre de 2023
DÍA DA CIENCIA CON CEO ABERTO
O día da Ciencia tivemos a oportunidade de compartir obradoiros con Ceo Aberto; neles traballamos moitos aspectos científicos: electricidade estática, plastilina condutora, postais con led e cinta condutora, a presión do aire, motores e baterías cos que fabricamos máquinas garabateadoras, a cor do lume, as vibracións e moitos trucos de maxia baseados na ciencia.
jueves, 9 de noviembre de 2023
VISITA DE LIMISI NO CENTRO
Tivemos no centro a visita de traballadoras e usuarios de LIMISI para falarnos de diversidade funcional, acoso escolar, contarnos a súa experiencia expresando como se sentiron en diferentes momentos da vida.
O alumnado puido vivir en primeira persoa situacións de dificultade auditiva, visual e tamén de falta de mobilidade.
Seguimos facendo comunidades con diferentes organizacións da nosa contorna.
martes, 7 de noviembre de 2023
CONTOS DE ANTES DE ONTE NA MEMORIA. NOITE DE DEFUNTOS.
Este programa de radio fixémolo coa imprescindible colaboración de Samuel, veciño de Vilar de Gomareites que nos recorda unha vella história que escoitaba de neno a carón do lume nas lareiras en noites como a de hoxe, víspera de defuntos.
viernes, 3 de noviembre de 2023
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA
Este mes trataremos de adicarllo á ciencia de maneira máis directa, levaremos a cabo diferentes obradoitos e experimentos que vos iremos amosando. Relacionaremos ciencia e igualdade e trataremos de resaltar o papel da muller no campo científico e matemático.
Contamos no centro con moitos libros e material de ciencia que se ven incrementados coa maleta que solicitamos á Asesoría de Bibliotecas. Todo este material está á disposición da comunidade escolar e preparouse un escaparate de ciencia no corredor sa segúnda planta, onde as imaxes e as temáticas van mudando en función das datas e das celebracións.
jueves, 2 de noviembre de 2023
SAMAÍN
Desde a biblioteca fíxose unha selección de lecturas que permaneceron nun dos corredores do centro para unha boa accesibilidade de todo o alumnado.