PÁXINAS

martes, 30 de enero de 2024

DIA DA PAZ

 Esta semana celebramos o Día da Paz, con diversas actividades tanto nas aulas coma na biblioteca e tamén no patio. Como hoxe é o propio día mostraremos algo e iremos completando información ó longo da semana.

Unha das actividades colectivas foi un photocall co título Voando cara a paz. Para a súa elaboración final, todo o alumnado decorou en familia unha parella de ás pequenas, do xeito que máis lle gustou e con técnica libre. Con todas as ás péquenas fíxose unha composición para formar dúas grandes ás que pegadas na parede foron o fondo no que todos fixemos a nosa foto do día da paz.


Fixemos diferentes deseños en tinkercad para facer pulseiras de paz. Estes deseños teñen dúas asiñas de lado nas que despois se engancharán os cordeis para rematar as pulseiras. De momento estamos coa decoración dos motivos de paz, despois virá a segunda parte.


Algunha das clases de música desta semana tivo lugar no patio do colexio e, mentres escoitamos cancións de paz, pintamos nas paredes do pavillón e do cole diferentes símbolos da paz.






En infantil tamén fixeron os seus traballiños da paz.












jueves, 25 de enero de 2024

TEMPO DE ENTROIDO

 Xa estamos nas previas do entroido, e o noso cole vaise preparando para esta celebración. Xa nos ferve o sangue pensando nos disfraces. Pasou o Fareleiro, logo vén o Oleiro, Corredoiro e Entroido. Ísto é só o inicio.



Estamos deseñando máscaras en tinkercad e imprimíndoas en 3D, para pintalas despois. Estas son algunhas de mostra das que estamos pintando.


@ mec@, desde esta semana xa fai garda no corredor de entrada ó colexio. Encántanos ver como vixía o noso patio.




martes, 23 de enero de 2024

DÍA DA NEVE

 O terceiro domingo de xaneiro conmemórase o Día Mundial da Neve. Esta celebración foi unha iniciativa da Federación Nacional de Esquí. Desde o noso centro quixemos valorar a importancia da neve en todos os campos, non só no ámbito deportivo,  explicar o fenómeno da neve e traballar tamén o refraneiro. Porque... quen non escoitou nunca eso de... "Año de nieves, año de bienes"?

Aplicamos a ciencia tamén neste campo e fabricamos neve de dous xeitos diferentes: nun dos experimentos empregamos bicarbonato de sodio e no outro opoliacrilato de sodio que traen os cueiros dos bebés. Aquí tedes os resultados.



Na área de plástica fixemos folerpas de papel.



sábado, 20 de enero de 2024

NOVIDADES LECTORAS EN BIBLIOMARAÑA

 Nestes días os bibliotecarios e as bibliotecarias traballan arreo na catalogación de novos exemplares adquiridos para Biblionaraña. Deixámosvos unha foto do recuncho de novidades para que vaiades pensando nos seguintes préstamos que ides facer.



domingo, 14 de enero de 2024

GRANDES MULLERES II: CLARA GRIMA E AS MATEMÁTICAS

Afondando no estudo de mulleres importantes, hoxe investigamos sobre a matemática Clara Grima e o resultado foi este programa de radio. O segundo da sección de GRANDES MULLERES.

jueves, 4 de enero de 2024

TRIPTICOS DE BOAS PRÁCTICAS DE SAÚDE

 Na aula de 5º e 6º, traballamos e investigamos sobre a saúde e as boas prácticas. Neste curso adicado ó comic, tratamos, con frecuencia, de plasmar ideas en papel. Esta vez fixemos carteis e trípticos que tiveran que ver con calquera tema en favor da saúde. Amosamos algún como mostra.







miércoles, 3 de enero de 2024

OBRADOIRO CON SUPER LUPO E PALITROQUES

 A finais do primeiro trimestre, en Bibliomaraña levouse a cabo un obradoiro en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos, enmarcado no proxecto TERRA, dentro do que hai unha serie de actividades, AS SEMENTEIRAS. Unha desas actividades baséase na construción dos fogares dos animais. REFUXIO-CASA, móstranos como aprender dos animais para construir. Despois dunha exposición por parte dunha experta en arquitectura, pasamos a parte práctica e pasámolo xenial construíndo co SUPER LUPO (grandes bloques de polietileno de baixa densidade) e os PALITROQUES (paus e conexións coas que rematamos os tellados). Foi unha xornada fantástica...!!!