Seguimos loitando para que Bibliomaraña, ademais de ter libros e darlle moita importancia á lectura, tamén sexa un lugar para xogar, construír, imaxinar, ilusionar, divertir, experimentar... e por iso temos moitos xogos que nos valen de instrumento de apoio para acadar tal obxectivo.
Un espazo adicado a publicar as actividades da Biblioteca da Araña Maraña do noso centro, o CEIP-P. VILAR DE BARRIO, Ourense
PÁXINAS
sábado, 27 de abril de 2024
RETO DA ARAÑA MARAÑA PARA O DÍA DO LIBRO
Mostámosvos o RETO que a Araña Maraña nos plantexou de cara ó Día do libro:
viernes, 26 de abril de 2024
DÍA DA TERRA. COIDEMOS O NOSO PLANETA.
O 22 de abril celébrase o Día da Terra, no marco do Decenio da ONU para a restauración dos ecosistemas. Os usuarios de Bibliomaraña sabemos que da saúde dos nosos ecosistemas depende a saúde do noso planeta e dos seus habitantes.
En infantil conversaron sobre o coidado do noso entorno, das plantas, dos animais, da auga e de evitar a contaminación e acumulación indebida de lixo, dunha maneira especial dos plásticos, pola relación co lema deste ano: "El planeta versus plásticos"
Deixámosvos unhas imaxes do seu traballo na aula.
miércoles, 17 de abril de 2024
TEATRO PARA FAMILIAS CON MIGALLAS TEATRO: O LIBRO MÁXICO
Espectáculo onde se combina a narración oral, a música e o teatro co obxectivo principal de animar os rapaces e rapazas e as familias en xeral a gozar da lectura e a convertela nun hábito. Ademais, trátanse temas como as emocións; as relacións familiares; o compañeirismo; o consumismo; a importancia da imaxinación etc.
Cóntase a historia de Rosiña, unha nena que ten que quedar soa na casa facendo os deberes por culpa dun imprevisto que lles xurdiu aos pais. Como as tarefas lle resultan aburridas, decide investigar nun baúl onde os pais gardaron moitas cousas para que non se manchasen coa pintura, pois están a pintar a casa. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tras as primeiras liñas, comezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos e amigas, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.
Máis tarde, as nenas e nenos atoparán unha lámpada marabillosa onde habita un xenio moi especial; axudarán a un can abandonado a solucionar os seus problemas e conducirán unha nave espacial por galaxias descoñecidas.
Finalmente, coa canción “O libro máxico”, resumo de todas as historias, celebraron as emocións vividas.
jueves, 4 de abril de 2024
PROXECTO DONAS DE SI
O programa "Donas de si" , enmarcado no Plan Proxecta, ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural.
Dentro das moitas actividades do proxecto, hoxe, 2de abril, tivemos a visita dun escritor e unha ilustradora na nosa Biblioteca para levar a cabo unha xornada sobre unha muller importante que, neste caso, eleximos que fora Luisa Villalta por ser a homenaxeada nas Letras Galegas deste ano. Mentres o escritor nos falou da súa vida e obra, a ilustradora mostrounos as súas dotes de artista nun mural da parede, e a continuación, todo o alumnado fixo un retrato de Luisa Villalta seguindo as instrucións dadas pola ilustradora profesional.
martes, 2 de abril de 2024
2 ABRIL - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Dende Bibliomaraña queremos destacar este día xa que, os libros, ademais de fonte de entretemento son unha poderosa ferramenta para enriquecer a vida do noso alumnado, fomentando a creatividade, a imaxinación e o pensamento crítico.
Amosámosvos a mensaxe e o cartaz que a representa, que este ano nos chega dende Xapón para a infancia do mundo, traducida a moitas linguas para a súa difusión internacional, e por suposto, colaboramos en difundir.
A ilustradora Nana Furiya foi a encargada de elaborar o cartel deste
ano 2024 en
colaboración coa escritora Eiko Kadono, autora da
mensaxe:
Sobre as alas, os contos viaxan. Desexando sentir o latexo do teu corazón.
Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.
Ás veces vou
nas alas do vento. Outras, nas alas das ondas.
E outras nas
aliñas dun gran de area.
Por suposto,
tamén subo nas alas das aves migratorias.
E, de cando en
vez, incluso nas dos avións.
Despois, sento
ao teu carón, abro as miñas páxinas e cóntoche a historia que queiras.
Quizais unha
historia fantástica?
Ou prefires
unha historia triste? De medo?
Unha para rir
ás gargalladas?
E se polo de
agora non queres escoitar ningunha, non pasa nada.
Seguro que
algunha vez terás ganas. Daquela, chámasme. Non tes máis que dicir:
«Conto
Viaxeiro, ven aquí!», e irei voando ao teu lado.
Teño historias
a moreas.
A historia
dunha illa que, farta de estar soa e aburrida, aprendeu a nadar para facer
amizades...
Ou a dunha
misteriosa noite en que apareceron dúas lúas...
E aquela de
cando Papá Noel se perdeu...
A ver? Si, si,
seica estou oíndo latexar o teu corazón!
Bom, bom! Bum,
bum! Pumba, pumba!
Iso é que o
Conto Viaxeiro está dentro de ti e fai soar as campás do teu corazón.
Seguro que a
próxima vez es ti o Conto Viaxeiro e desexarás ir de viaxe!
E deste xeito,
no mundo nacerá un novo Conto Viaxeiro.