Despois dun duro curso con moita colaboración en Bibliomaraña por parte do alumnado de sexto, chegou o final dunha etapa; rematan a Primaria e comezarán unha nova vida como estudiantes da ESO no instituto. Para os catro graduados, os nosos mellores desexos e este pequeno recordo dunha xormada moi emotiva.
Un espazo adicado a publicar as actividades da Biblioteca da Araña Maraña do noso centro, o CEIP-P. VILAR DE BARRIO, Ourense
PÁXINAS
miércoles, 26 de junio de 2024
FESTA DA ANPA DE FINAL DE CURSO.
A relación de todos os membros da Comunidade Escolar é moi intensa ó longo de todo o ano. Como agasallo para o alumnado, a ANPA do colexio preparou unha maravillosa festa de fin de curso onde, con dous monitores, non faltaron inchables, pintacaras, xogos, tauaxes... unha xornada moi divertida. Grazas ANPA.
VISITA GUIADA ÁS EXCAVACIÓNS DO CASTELO DE SAN XOÁN
En colaboración co Concello fixemos unha visita guiada ás excavacións arqueolóxicas do Castelo de San Xoán, na que o arqueólogo nos foi explicando polo miúdo, ó longo da mañá, todo o que foron atopando e descubrindo. Aproveitamos tamén para que Samue, un veciño de Vilar de Gomareites nos fora explicando a flora da zona, beneficios dalgunhas plantas medicinais e historias lo lugar.
PIANO-PATACA CON MAKEY-MAKEY
Un dos traballos que fixemos coas placas Makey -Makey foron uns pianos con patacas e neles interpretamos diversas pezas musicais traballadas previamente na aula de música.
TEATRO FIN DE CURSO
Despois de varias xornadas do obradoiro de teatro con Manuel, fíxose como broche de ouro a representación teatral das obras de todas as aulas. O escenario foi o recuncho faladoiro de Bibliomaraña.
COMPARTINDO XOGOS COS AVÓS E AVOAS DO CENTRO DE DÍA
Unha xornada estupenda na que o noso alumnado e usuarios do Centro de Día compartiron xogos e actividades de lecer.