PÁXINAS

martes, 7 de abril de 2026

💪 Retos no recreo para conmemora o Día da Saúde 🏃‍♀️



No noso cole quixemos conmemorar o Día da Saúde dun xeito moi especial… e tamén moi divertido! Durante o recreo organizamos unha serie de retos físicos nos que o alumnado puido poñer a proba a súa enerxía, habilidade e, sobre todo, as ganas de pasalo ben.

Saltos, carreiras, probas de equilibrio e pequenos desafíos fixeron que o patio se enchese de movemento, risas e moita emoción. Cada reto era unha oportunidade para superarse, animar aos compañeiros e gozar dun tempo de lecer activo e saudable.













A participación foi fantástica e o ambiente, inmellorable. Sen dúbida, unha maneira estupenda de lembrar o importante que é coidar do noso corpo mentres nos divertimos.

Repetiremos seguro! 🎉

viernes, 27 de marzo de 2026

🐣 Búsqueda de ovos de Pascua no cole 🌸

 



Hoxe vivimos unha xornada chea de diversión, aprendizaxe e, sobre todo, compañerismo.

Organizamos unha busca de ovos de Pascua con diferentes probas: adiviñas, retos físicos, desafíos matemáticos... e incluso tivemos que cantar e bailar! Cada equipo tiña que ir superando as metas colaborando e axudándose uns aos outros.

Os grupos estaban formados por alumnado de diferentes idades, e foi realmente emocionante ver como os máis maiores coidaban e guiaban aos máis pequenos, creando un ambiente de respecto, apoio e ilusión.

Sen dúbida, unha experiencia preciosa onde o máis importante non foi atopar os ovos... senón todo o que compartimos no camiño para conseguilo.
















miércoles, 25 de marzo de 2026

📝 Receitas que conectan xeracións: creando o noso soporte interxeracional



Seguimos aprendendo e compartindo experiencias cunha actividade moi especial: o alumnado participou nun proxecto interxeracional no que recolleron receitas de cociña nun soporte de madeira previamente decorado.

O alumnado plasmou receitas neste soporte interxeracional receitas obtidas das historias das persoas que se atopan no centro de maiores do concello así como tamén se recollen receitas froito da conmemoración do día da Muller.

No soporte recóllense os ingredientes e o proceso de elaboración de distintos pratos, combinando tradición e creatividade, e converténdose nunha peza única que reflicte o diálogo entre xeracións e o amor pola cociña e as boas ideas culinarias.

Foi unha forma marabillosa de aprender, crear e lembrar que a gastronomía tamén une persoas e xeracións. 







martes, 24 de marzo de 2026

🚤 Saída ó Canón do Sil 🌄



O alumnado do noso centro participou nunha saída ao impresionante Canón do Sil, unha das paraxes naturais máis emblemáticas da nosa contorna. A xornada comezou no embarcadoiro de San Estevo, desde onde iniciamos un agradable percorrido en catamarán.

Ao longo da ruta, tivemos a oportunidade de contemplar paisaxes únicas, con impoñentes paredes de pedra e unha vexetación característica que fai deste lugar un espazo de gran valor ecolóxico e paisaxístico. Ademais, esta experiencia permitiunos coñecer mellor a importancia de conservar o noso patrimonio natural.

Sen dúbida, foi unha xornada moi amena e enriquecedora, na que o alumnado puido gozar do contacto directo coa natureza, compartir momentos cos seus compañeiros e aprender fóra da aula dun xeito diferente e motivador.