Como dicen Ramón D. Veiga e David Sierra no seu libro É tempo de Entroido, "É tempo de festa, de máscaras, de filloas e de cocido". Esta tarde, os alumnos e alumnas de 2º de primaria desfrutaron coa lectura das rimas deste libro, onde os personaxes do Entroido "danse unha boa paparota".
Despois da lectura, xogamos cos escornabots a identificar os personaxes do Entroido da provincia de Ourense.
Finaliza o mes de febreiro, e a nosa biblioteca, a pesar de estar en reformas, segue a súa andaina.
O pasado13 de Febreiro, foi o Día Mundial da Radio. Aproveitamos este día para reflexionar Que supón para o noso alumnado ter un laboratorio de radio na escola.
No seguinte vídeo, podedes ver e escoitar as súas reflexións:
Estos días, a Araña Maraña quixo facer unha pequena homenaxe a Rosalía.
Así, o alumnado de 2º e 3º de primaria, coñeceron e desfrutaron a vida e obra da nosa escritora, Rosalía de Castro.
Nesta ocasión empregamos un pouco de Gamificación:
Robótica, códigos QR, tablets e lectura dixital. Todo axudou para aprender, ler e desfrutar.
Lanzamos dados e programamos o escornabot para que camiñe ata a casilla correspondente. A continuación, collemos a tablet, a app QRDroid nos permite escanear o código e nos abre un arquivo para ler. Hai arquivos sobre a biografía e outros, de poemas da autora homenaxeada.
... e aínda que a nosa Biblioteca está en obras, nós seguimos "Á voltas cos libros".
O alumnado de 2º de primaria rematan o seu segundo libro, no Obradoiro de lectura.
Norabao pequenos lectores!!!
Hoxe vos quero presentar un
novo Programa de Radio, O ZAMPALIBROS. Trátase dun espazo de
entrevistas ós lectores e lectoras que cheguen ó Nivel de Zampalibros.
Estreamos este programa coa entrevista a Martín Sánchez Casado.
Detrás dos micrófonos, temos a
Érika Souto e Adrián Vences, alumn@s de 6º de primaria. Acompañados polo
mestre, Alfredo.
Ola amig@s! Nesta ocasión a Araña Maraña propúxenos unha nova dinámica para conmemorar este día, combinando lectura, deseño e impresión 3D, mensaxes, vídeos e códigos QR.
Os pequenos de primaria imprimiron unha pomba que ía acompañada dunha mensaxe de Paz. Esta mensaxe pódese ver ó escanear un código QR. Cada nen@ regalou a un compañeir@ a súa pomba e a súa mensaxe de paz persoalizada.
Os maoires do cole fixeron tamén un agasallo ós pequenos, pero neste caso, foi un deseño feito por eles mesmos no programa Tinkercad.
O 30 de xaneiro, reunímonos todos e intercambiamos os agasallos. Ademais, alumnas e alumnos de 4º e 6º nos leron un conto,O Lapis Máxico de Malala. Foi unha tarde moi emotiva!!
A continuación, tedes un resumo no seguinte vídeo:
Os maiores do cole, alumnos e alumnas de 4º e 6º de primaria, crearon un podcast cun conto titulado Un conto para a PAZ. A continuación podedes escoitalo: