PÁXINAS

jueves, 7 de febrero de 2019

Celebración do DÍA DA PAZ


Ola amig@s! Nesta ocasión a Araña Maraña propúxenos unha nova dinámica para conmemorar este día, combinando lectura, deseño e impresión 3D, mensaxes, vídeos e códigos QR.
Os pequenos de primaria imprimiron unha pomba que ía acompañada dunha mensaxe de Paz. Esta mensaxe pódese ver ó escanear un código QR. Cada nen@ regalou a un compañeir@ a súa pomba e a súa mensaxe de paz persoalizada.
Os maoires do cole fixeron tamén un agasallo ós pequenos, pero neste caso, foi un deseño feito por eles mesmos no programa Tinkercad.
O 30 de xaneiro, reunímonos todos e intercambiamos os agasallos. Ademais, alumnas e alumnos de 4º e 6º nos leron un conto, O Lapis Máxico de Malala.
Foi unha tarde moi emotiva!!

A continuación, tedes un resumo no seguinte vídeo:



Os maiores do cole, alumnos e alumnas de 4º e 6º de primaria, crearon un podcast cun conto titulado Un conto para a PAZ. A continuación podedes escoitalo:


No hay comentarios:

Publicar un comentario