PÁXINAS

martes, 14 de mayo de 2019

ENTREVISTA A DELFÍN CASEIRO


O etnógrafo e historiador Antón Fraguas é o protagonista  das Letras Galegas de 2019. Coa súa obra deixou un gran legado orientado a coñecer, conservar e difundir a memoria de Galiza, o noso patrimonio cultural, que ten como espazo de referencia o Museo do Pobo Galego.

Na nosa comarca, concretamente en Vilar de Santos, temos o Museo Etnográfico da Limia. O seu presidente é Delfín Caseiro Nogueiras, catedrático de Lingua galega e Literatura e coautor dos libros de texto de Bahía Edicións: Actividades de Construción Gramatical, Actividades de Expresión, Actividades de Léxico 1 e 2. Ademais, Delfín é o noso Inspector de Educación. 

Fai uns días, visitou a nosa escola e o alumnado de 6º de primaria tivo a oportunidade de facerlle unha entrevista na nosa radio, RadioMaraña.

Nesta entrevista o noso convidado, define o Museo Etnográfico da Limia como un lugar de encontro co pasado, coas nosas sinais de identidade, onde se intenta gardar a memoria das cousas e das persoas da nosa comarca. Desde xa hai 20 anos está situado na antiga Casa Reitoral, algún historiador manifesta que tamén foi un Hospital de peregrinos que viñan a facer o Camiño de Santiago pola ruta portuguesa. Neste museo pódese atopar unha Sala adicada á nosa Lagoa de Antela, onde se conserva unha das barcas coas que se desprazaban polo humedal. Tamén hai unha sala do Liño e unha Biblioteca que recolle a obra artística de persoas nacidas ou vinculadas á comarca da Limia. Nesta biblioteca hai obras de  Antón Tovar, Carlos Casares,  Rivero Coello, Chus Pato, ...entre outros.
Delfín contounos moitas curiosidades sobre este lugar tan singular. 
A continuación, podedes escoitar a entrevista completa. Desexamos que vos guste!

Grazas Delfín pola túa visita á nosa Radio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario