PÁXINAS

lunes, 18 de mayo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS





«Museos pola igualdade: diversidade e inclusión» é o tema para a edición de 2020 do Día Internacional dos Museos que se celebra o 18 de maio de 2020.


Ola lectores!!  Hoxe, 18 de maio a araña Maraña quere celebrar con vós O Día dos Museos achegando o arte ás nosas casas, desfrutando e converténdonos en artistas, creando o noso Museo Virtual.

A proposta consiste en recrear desde as nosas casas arte, a través dunha fotografía intentando imitar a obra de arte que máis nos guste:
1ºEscolle unha obra de arte que queiras recrear. Pode ser un cadro, unha escultura, …
2º Párate a pensar que é o que necesitas para recreala.  Para iso, podedes buscar por casa prendas de roupa, obxectos que vos poidan axudar, pensa no lugar onde podes retratala,...Pode ser un a representación de persoas, obxectos ou unha paisaxe. Tes liberdade, deixa voar a túa creatividade.  
3º Unha vez que teñas todo preparado, faremos unha fotografía imitando o cadro ou escultura.
4º Mandaremos o resultado á nosa titora ou titor, co noso nome e o nome da obra elixida e o seu autor/a.
SORPRÉNDENOS!!! 
Entre todas e todos crearemos o noso Museo Virtual









                                                                                     


No hay comentarios:

Publicar un comentario