PÁXINAS

viernes, 19 de marzo de 2021

14 E 21 DE MARZO: DESFRUTAMOS COS NÚMEROS E OS VERSOS

Dous días importantes para celebrar coa araña Maraña:

14 de Marzo: Día Internacional das Matemáticas


21 de Marzo: Día da Poesía






O 14 de marzo de 2019 foi aprobado pola UNESCO, a proposta da Unión Matemática Internacional, a celebración do Día Internacional das Matemáticas.

As matemáticas son unha ciencia que se encarga do estudo dos números, das formas e das construcións xeométricas, así como as súas propiedades e as súas relacións. As matemáticas están na nosa vida, nos nosos xogos,... e teñen a súa linguaxe, a cal comunica á humanidade con todo o que rodea o universo.

Esta data coincide co Día do Número Pi, onde tamén se celebra a existencia dunha constante matemática. A data escollida foi a representativa do número 3/14.

O alumnado de 3º e 4º de primaria estivo investigando sobre o Número Pi e aprendendo algunha curiosidade. Por exemplo, o número Pi é un  número que se obtén ó dividir a lonxitude dunha circunferencia entre o seu diámetro. Así o puxeron en práctica, aínda que os resultado non foron exactos.

















A nosa mascota, a araña Maraña, nos anima a ler e desfrutar da lectura sobre o mundo matemático.


21 de Marzo: Día da Poesía
Este luns comezaremos a semana desfrutando coa poesía que nos recomenda a nosa mascota:





No hay comentarios:

Publicar un comentario