PÁXINAS

martes, 27 de febrero de 2024

OBRADOIRO DE CESTERÍA

 A artesanía da nosa bisbarra e os traballos dos nosos antepasados son para nós un tesouro a preservar. E espallar e dar a coñecer a cultura popular, unha obriga de calquera centro relacionado coa cultura. É por iso que desde BiblioMaraña, programamos un ano máis un obradoiro de cestería que durou varios días e no que traballamos todo o alumnado e profesorado, guiado polo mestre cesteiro Sergio Moreno. 

Esta vez quixemos facer unha especie de iglú ou cabaña que podamos usar no patio cuberto para o xogo simbólico, como recuncho de lectura, como un refuxio de tranquilidade ou protección, lugar de reflexión... nin se sabe os usos que cada quen terá a ocurrencia de darlle, xa o iremos vendo. Dentro del poden meterse ata 10 persoas.

O que si sabemos e que estamos encantados co resultado. Deixámosvos unhas fotos do proceso de elaboración, no que todos aprendemos e desfrutamos do arte de tecer con vimbios.












No hay comentarios:

Publicar un comentario