PÁXINAS

domingo, 13 de febrero de 2022

11 de FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Este venres, 11 de febreiro en Bibliomaraña viviuse unha xornada de ciencia coa exposición de varios proxectos e experimentos q abarcaron todos os campos.

             PORQUE A CIENCIA É DE TODXS

Antía falounos de matemáticas, centrándose na xeometría ; Roi experimentou con zumo d laranxa e un test d antíxenos, demostrándonos como se pode obter un falso positivo ou negativo.

Pablo amosounos bacterias laranxas e amarelas, fungos, embrións de piñeiros a partir de piñóns seleccionados e tratados nun laboratorio, microcultivos de alcornoques e castiñeiros en diferentes fases de crecemento e incluso aprendemos como controlar unha especie de flora invasiva, como as acacias, empregando bacterias;

Xoel explicounos as propiedades dun fluído non newtoniano e comprobamos como se pode comportar coma un líquido ou coma un sólido en función da forza que se exerce sobre el.

Por último, o alumnado maior, tomou mostras da súa propia saliva, depositándoa en placas Petri con un preparado q favorece a multiplicacion das bacterias e nuns días poderemos observar como se reproduciron algunhas das moitas que temos na boca.

Unha xornada interesante.









No hay comentarios:

Publicar un comentario