PORQUE A CIENCIA É DE TODXS
Antía falounos de matemáticas, centrándose na xeometría ; Roi experimentou con zumo d laranxa e un test d antíxenos, demostrándonos como se pode obter un falso positivo ou negativo.
Pablo amosounos bacterias laranxas e amarelas, fungos, embrións de piñeiros a partir de piñóns seleccionados e tratados nun laboratorio, microcultivos de alcornoques e castiñeiros en diferentes fases de crecemento e incluso aprendemos como controlar unha especie de flora invasiva, como as acacias, empregando bacterias;
Xoel explicounos as propiedades dun fluído non newtoniano e comprobamos como se pode comportar coma un líquido ou coma un sólido en función da forza que se exerce sobre el.
Por último, o alumnado maior, tomou mostras da súa propia saliva, depositándoa en placas Petri con un preparado q favorece a multiplicacion das bacterias e nuns días poderemos observar como se reproduciron algunhas das moitas que temos na boca.
Unha xornada interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario