lunes, 20 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO



Ola a todas e todos!
O día 23 de abril é o Día do Libro e como sabedes, á araña Maraña encántanlle os libros e os contos. Pero estes días de confinamento nos que estamos sen ir ó cole, a nosa mascota está algo soíña en BiblioMaraña, a biblioteca do noso cole.
Que vos parece se lle preparamos unha sorpresa durante esta semana? Podemos ler, contar... contos para ela.
Como? Como vos queirades...ides a saír da casa coa vosa imaxinación e creatividade, creando escenarios sinxelos, desfrutando coa lectura.
Podedes mandar as montaxes, vídeos, audios ós vosos titores. 
Aquí vos deixo unha mostra:
#EuQuedoNaCasa




Sabela Gago quixo compartir con nós este conto: PIncha no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/1jIcWNi5W0ZEXJtM6SYvUmR1CheMXcOOS/view




jueves, 16 de abril de 2020

ÁNIMOS PARA TODO O NOSO ALUMNADO


Estes días tan especiais que estamos a vivir, o persoal do centro quere mandar unha mensaxe de esperanza e de ánimo ó noso alumnado e ás familias. 
Queremos dicirvos moitas cousas pero as máis importantes quixemos sintetizalas nestes minutos.



#EuQuedoNaCasa

viernes, 3 de abril de 2020

#EuQuedoNaCasa...de "Vacacións"

#EuQuedoNaCasa


Ola familias e alumnado:
Desde o pasado día 13 de marzo levamos nun Estado de Alarma que nos mantén separados a alumnos e mestres e intensifica a relación familiar. Todos, familias e profesorado,estamos a facer o mellor posible, intentando que as nenas e nenos sigan cos seus faceres escolares, levando a situación da mellor maneira posible...Os pequenos están demostrando unha capacidade de adaptación impresionante.
Coa esperanza de que isto dure o menos tempo posible, propoñémosvos que os días de Semana Santa, que temos que quedar na casa, descansemos do ámbito curricular e coidemos as nosas emocións, fomentemos a nosa creatividade, a imaxinación, ... Para elo, a araña Maraña fai unhas propostas:

- Plantar unha semente: unha faba, unha lentella, ... e coidala: regala, poñela á luz, ...
- Pintar un cadro
- Facer algunha figura de papiroflexia
- Xogar a mirar as nubes e deixar brotar a nosa imaxinación
- Xogar é "vexo, vexo..."
- Aprender unha canción
- Abrazarnos todos xuntos mínimo dúas veces no día
- Xogar a xogos de mesa: parchís, 3 en raia, ...
- Axudar nas tarefas da casa
- Regar as plantas
- Debuxar e pintar unha mandala
- Cociñar en familia
.... e por suposto, todos os días pasar un ratiño divertido coa lectura.

Recordade:
"Ler é soñar cos ollos abertos. Non deixes de soñar"


jueves, 2 de abril de 2020

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

#EuQuedoNaCasa


 Hoxe, tamén se celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, decretado por Nacións Unidas co obxectivo de mellorar  calidade de vida das persoas con esta discapacidade. 
Son moitos os personaxes famosos  de todo o mundo que naceron con autismo e, a pesar desta condición, convertíronse en verdadeiros xenios: Albert Einstein, Isaac Newron, Amadeus Mozartt ata o mesmo Bill Gates.

En plena crise da pandemia do COVID-19, o lema é:
“Puedo aprender, puedo trabajar".



A araña Maraña quere aportar o seu granciño de area creando conciencia e respecto a estas persoas, reinvindicando o esforzo por parte de todos e todas e por parte das autoridades á hora de facilitar o aceso a unha educación de calidade, a unha escola inclusiva, alcanzando unha sociedade inclusiva onde poidamos convivir todas e todos, coas nosas peculiaridades.



2 de abril, DÍA DO LIBRO INFANTIL

#EuQuedoNaCasa

Ola familias!! A Araña Maraña quere acompañarvos nestes días tan excepcionais e hoxe, gustaríalle celebrar cos alumnos e alumnas do cole, o Día do Libro Infantil.
E que mellor ocasión que ésta para desfrutar dun conto cos pequenos da casa!!

A editorial Kalandraka, ofrece a oportunidade ás familias de ver e escoitar contos contados. Pincha no seguinte enlace: 

Recordade amig@s: 
"Ler é soñar cos ollos abertos. 
Nunca deixedes de soñar"