lunes, 18 de diciembre de 2023

O NADAL NO NOSO CENTRO

O Nadal é un tempo de ledicia, vacacións, primeira avaliación, panxoliñas, actuacións, festival coas familias... pero tamén pode ser un bo tempo para ler, por iso, en Bibliomaraña se mudou o escaparate para poñer decoracións e lecturas recomendadas de Nadal. que a maxia destas festas tamén abarque o lectura e o desexo de ler.

sábado, 16 de diciembre de 2023

PROTEGIENDO EL PLANETA (programa de radio)

Este Programa de radio foi o resultado dunha investigación feita polos tres alumnos de 5º na área de lingua castelá, feito polo que , nesta ocasión, Radiomaraña fala castelán. Se facemos caso ós consellos que oímos neste podcast, contribuiremos a conservar o noso Planeta Terra e a loitar por un mundo mellor. Desfrutádeo e fagámoslle caso ós ecoconsellos.

domingo, 10 de diciembre de 2023

NOVOS XOGOS EN BIBLIOMARAÑA

Para desfrute de todas e todos, dispoñemos de novos xogos moi interesantes que vos amosamos na mesa de novidades para que podades velos, e peoximamente pasarán á zona de xogos de Bibliomaraña.

martes, 5 de diciembre de 2023

PROXECTOS CIENTÍFICOS. EXPERIMENTOS

O alumnado de 5º e 6º expuxeron ante o resto de compañeiros e compañeiras os seus proxectos científicos. Realizaron a práctica experimental e apoiaron a exposición coas presentacións que elaboraron.
                           
 





jueves, 30 de noviembre de 2023

A XANELA DA IGUALDADE

O alumnado do noso cole fillo este podcast, baseado no libro YO SOY YO, para conmemorar o 25 de novembro e traballar a igualdade. Recordemos sempre que cada quen somos como somos e nunca debemos cambiar só por agradar ós demais.

martes, 28 de noviembre de 2023

lunes, 27 de noviembre de 2023

APOIAMOS O 25 DE NOVEMBRO

 Son moitos os campos de traballo e apoio á NON VIOLENCIA e en favor da IGUALDADE. 

Comezamos por recomendar unhas lecturas desde Bibliomaraña:


O alumnado máis maior fixo en papel o deseño da súa camiseta, que despois pasaron á tea e estes son os resultados:







Acudimos con todo o alumnado do centro á Praza do Toural, como resposta á invitación feita polo Concello, e ali, xunto coa veciñanza, concelleiros/as, e usuarios/as do Centro de Día, léronse manifestos, poesías feitas na área de lingua galega, frases en contra da violencia que os cursos baixos de Primaria plasmaron nas súas bolboretas e gafas e pequenas pancartas-marcapáxinas elaboradas na aula de Infantil




Estas son os poemas feitos por 2 alumnas de sexto:























IGUALDADE E COIDADOS CO CDR O VISO

 Seguimos a traballar a NON VIOLENCIA, relacionándoa cos coidados, atencións e outros actos positivos completamente opostos á violencia.

Tivemos dous obradoiros, un para o alumnado máis maior. Fixeron a súa propia constelación na que as estrelas representan as persoas e outros seres a quen o alumnado coida ou polos que é coidado. Establecendo entre elas lazos de relación que unen unhas estrelas con outras.



Meteron mensaxes e palabras contrarias á violencia na CAIXA de resolución de conflictos


E remataron o obradoiro cunha aperta colectiva en espiral





A CIENCIA E A COSMÉTICA: BOMBAS DE BAÑO

 Esta actividade consistiu en iniciarnos na química coa fabricación de cosméticos. Hoxe fixemos bombas de baño aprendendo a base química do seu funcionamento, personalizándoas con diferentes cores e perfumes. Noutra xornada tocaranos facer unha crema hidratante. De momento imos desfrutar dun baño de burbullas con explosión de cor e olor.




martes, 21 de noviembre de 2023

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

    Neste mes, tan cargado de actividades e eventos, non podemos esquecer traballar desde a biblioteca os Dereitos da Infancia, que tantas veces se pasan por alto co conseguinte sufrimento de moitos cativos e cativas.







viernes, 17 de noviembre de 2023

O GLOBO NEGRO: UNHA LECCIÓN DE IGUALDADE

         Este curso, tratamos a igualdade dun xeito especial, Esperamos que este relato do globo negro sexa unha lección para todos e todas. Escoitade este pequeno programa de radio feito polo alumnado de 6º.


miércoles, 15 de noviembre de 2023

GRANDES CIENTÍFICAS: SOPHIE GERMAIN

 Dentro do estudo de grandes científicas e mulleres importantes, que estamos levando a cabo para fomentar a igualdade e valorar a importancia da muller no mundo da ciencia, o alumnado investigou sobre a vida e obra de Sophie Germain e cada un preparou a súa presentación, que despois expuxo ante o resto do alumnado.  En breve teremos elaborado un pequeno programa de radio sobre esta gran matemática e estudosa dos números primos.





Irati, de 6º, fixo en cartulina un selo postal que se empregou en Francia na honra de Sophie.




viernes, 10 de noviembre de 2023

DÍA DA CIENCIA CON CEO ABERTO

 O día da Ciencia tivemos a oportunidade de compartir obradoiros con Ceo Aberto; neles traballamos moitos aspectos científicos: electricidade estática, plastilina condutora, postais con led e cinta condutora, a presión do aire, motores e baterías cos que fabricamos máquinas garabateadoras, a cor do lume, as vibracións e moitos trucos de maxia baseados na ciencia.








jueves, 9 de noviembre de 2023

VISITA DE LIMISI NO CENTRO

     Tivemos no centro a visita de traballadoras e usuarios de LIMISI para falarnos de diversidade funcional, acoso escolar, contarnos a súa experiencia expresando como se sentiron en diferentes momentos da vida.

     O alumnado puido vivir en primeira persoa situacións de dificultade auditiva, visual e tamén de falta de mobilidade.

      Seguimos facendo comunidades con diferentes organizacións da nosa contorna.





martes, 7 de noviembre de 2023

CONTOS DE ANTES DE ONTE NA MEMORIA. NOITE DE DEFUNTOS.

      Este programa de radio fixémolo coa imprescindible colaboración de Samuel, veciño de Vilar de Gomareites que nos recorda unha vella história que escoitaba de neno a carón do lume nas lareiras en noites como a de hoxe, víspera de defuntos.



viernes, 3 de noviembre de 2023

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

       Este mes trataremos de adicarllo á ciencia de maneira máis directa, levaremos a cabo diferentes obradoitos e experimentos que vos iremos amosando. Relacionaremos ciencia e igualdade e trataremos de resaltar o papel da muller no campo científico e matemático.

        Contamos no centro con moitos libros e material de ciencia que se ven incrementados coa maleta que solicitamos á Asesoría de Bibliotecas. Todo este material está á disposición da comunidade escolar e preparouse un escaparate de ciencia no corredor sa segúnda planta, onde as imaxes e as temáticas van mudando en función das datas e das celebracións.

    
        Amosamos algunha imaxe do alumnado traballando co material manipulable de Bibliomaraña:



        O alumnado de sexto, que neste momento están traballando o aparello dixestivo, fixeron un mural como produto final do proxecto, feito con material de refugallo. Este é o resultado: