miércoles, 29 de octubre de 2025

Destacados de Samaín na nosa biblioteca🎃 👻

Esta semana o noso cole transformouse nun lugar máxico e misterioso grazas á creación dun novo Recuncho de Contos Especial Samaín. Un espazo pensado para que os nosos nenos e nenas desfruten da lectura dunha forma diferente: entre cabazas, sombras divertidas e personaxes encantados.

Neste recuncho, o alumnado descubriu historias emocionantes, cheas de humor e pequenos “sustos” aptos para todas as idades. 

🎃 ¡Feliz Samaín! 👻

Festexamos o Samaín no noso centro!

Hoxe o noso colexio encheuse de maxia, misterio e moita diversión para festexar o Samaín. Dende a primeira hora da mañá, os nenos e nenas chegaron ó centro con desfraces terroríficos: bruxas, pantasmas, esqueletos, monstros e moitos outros personaxes que deron vida a esta tradición tan especial.


Ao longo da xornada, levaronse a cabo diferentes actividades temáticas. No comedor do cole, os pequenos chefs elaboraron galletas terroríficas, con formas e decoracións inspiradas en arañas, cabazas, morcegos...





Tamén desfrutaron dunha sesión de cine na cal puideron vir unha película acorde coa festa.





Non faltaron os xogos e manualidades: pintaron e explotaron globos, fixeron creativas figuras relacionadas cos personaxes de samaín e decoraron os corredores do centro, enchendo cada recuncho de cor e imaxinación.







Un dos momentos máis esperados do día foron os bailes de samaín, onde o alumnado demostrou o seu talento e entusiasmo movéndose ao ritmo da música. Entre luces, risas e moita enerxía, todos e todas desfrutaron dun intre moi especial para compartir e divertirse xuntos.

Foi un día cheo de sorrisos, sustos e moita creatividade, no que todos e todas participamos para manter viva esta tradición galega tan querida.

¡Feliz Samaín á toda a comunidade educativa!



lunes, 27 de octubre de 2025

Descubrindo o pasado no Castelo de Bóveda de Vilar de Barrio🌄🌍

Esta semana fixemos unha saída moi especial coas nenas e nenos para coñecer un pouco máis a nosa contorna: visitamos o castelo de Bóveda de Vilar de Barrio. A experiencia foi unha auténtica aventura chea de aprendizaxes e descubrimentos. 





Durante o percorrido, os pequenos exploradores buscaron pegadas de animais , marcas nas pedras e mesmo restos antigos que nos axudaron a imaxinar como sería a visa hai moitos anos. Entre todos fomos reconstruíndo historias posibles sobre quen viviría alí, como se defendían ou que costumen poderían ter.


A saída serviunos non só para aprender sobre historia e natureza, senón tamén para valorar o patrimonio que temos tan preto de nós.



Foi unha xornada chea curiosidade, emoción e ganas de seguir descubrindo.

¡Xa estamos desexando volver saír a explorar novos recunchos da nosa contorna!

lunes, 20 de octubre de 2025

Recuperando xogos tradicionais: saltando á corda!

 

No noso patio seguimos aproveitando cada momento para xogar ao aire libre e aprender mentres nos divertimos. Esta vez, os nenos e nenas estiveron saltando á corda, recuperando unha tradición de xogos populares que pasou de xeración en xeración.

Saltando, contando, coordinando movementos e animándose uns a outros, os pequenos desenvolven habilidades físicas, equilibrio, coordinación e concentración, ao mesmo tempo que se relacionan e comparten risas con compañeiros e compañeiras.

É unha fermosa maneira de combinar diversión, aprendizaxe e tradición, mantendo vivos os xogos que forman parte da nosa cultura e que fan do patio un espazo alegre e creativo para todos. 🌿🎀

jueves, 16 de octubre de 2025

Hummus de garavanzos



Na aula de Infantil continuamos coas nosas pequenas aventuras culinarias, aprendendo e divertíndonos ao mesmo tempo. Hoxe tocou preparar un rico hummus de garavanzos, que degustamos untado en tostas de pan.

Durante a actividade, os nenos e nenas aprenderon a usar utensilios de cociña, como a batidora, e practicamos habilidades motoras finas ao untar as tostas. Ao mesmo tempo traballamos vida práctica, fomentando a autonomía dende idades temperás e aprendendo a coidar dos alimentos e do noso espazo de traballo.

miércoles, 15 de octubre de 2025

Xogando no arenero: diversión ó aire libre


Aproveitando o bo tempo, os nenos e nenas do cole están desfrutando ao máximo do arenero do noso patio. Con cubos, palas e moldes, deixan voar a imaxinación, construíndo castelos, camiños e mundos inventados cheos de cor e movemento.

Estas actividades permiten non só divertirse, senón tamén desenvolver a motricidade fina, a coordinación e a creatividade, mentres disfrutan do aire libre e aprenden xogando en contacto coa natureza e cos compañeiros.

O patio convértese así nun espazo dinámico e vivo, onde cada día xorden novas aventuras e momentos compartidos que fan do cole un lugar máis alegre e próximo. 🌱🏰

lunes, 13 de octubre de 2025

Plan Proxecta: Mirando polo camiño: Saída ó albergue.



Esta semana, o alumnado do noso colexio tivo a oportunidade de realizar unha saída moi especial: visitamos o albergue da nosa localidade, un lugar moi ligado ao Camiño de Santiago e aos milleiros de peregrinos que cada ano pasan polo noso pobo.

Durante a visita, puidemos coñecer de preto as instalacións e descubrir como é o día a día das persoas que fan o Camiño. Aprendemos curiosidades sobre a súa viaxe, os diferentes países de onde veñen e o que os leva a emprender esta experiencia tan enriquecedora.

Os nenos e nenas estiveron moi atentos e participativos, facendo preguntas cheas de interese e curiosidade: querían saber como se preparan os peregrinos, que levan nas súas mochilas, cantos quilómetros camiñan cada día ou como se senten ao chegar á meta en Santiago.





Un dos momentos máis especiais da visita foi cando tivemos a oportunidade de entrevistar a unha peregrina que se atopaba hospedada no albergue. Os rapaces aproveitaron para facerlle moitas preguntas: querían saber que significaba para ela esta experiencia, como se sentía ao levar a cabo o Camiño e que aprendizaxes estaba descubrindo ao longo da ruta. A súa resposta emocionou a todos, xa que nos contou que, máis alá do esforzo físico, o Camiño é unha viaxe interior chea de reflexión, solidariedade e encontro con xente marabillosa.


Foi unha xornada educativa e enriquecedora, que nos axudou a valorar a importancia do noso pobo dentro do Camiño e a comprender mellor o significado desta tradición tan arraigada en Galicia.

Dende o colexio queremos agradecer ao persoal do albergue pola súa acollida e polas explicacións tan interesantes, así como á peregrina que compartiu connosco a súa experiencia. Sen dúbida, esta saída deixou unha pegada especial en todos nós.

jueves, 9 de octubre de 2025

Seguimos desfrutando con xogos de mesa cooperativos!


Na nosa Biblioteca Creativa seguimos coa nosa aventura dos xogos de mesa, que tanto nos encantan! Hoxe queremos presentar O Frutal, un xogo cooperativo no que todos os nenos e nenas traballan xuntos para recoller a froita antes de que chegue o corvo.

Este xogo é perfecto para fomentar a colaboración, a comunicación e a toma de decisións en equipo, ademais de aprender a esperar o noso turno e a respectar as normas do xogo.

Os xogos de mesa son unha maneira fantástica de combinar diversión, aprendizaxe e convivencia, e na nosa biblioteca permiten que todos e todas compartan momentos cheos de risa e emoción.

Seguiremos compartindo máis xogos cooperativos e actividades, para que a imaxinación, a creatividade e a diversión nunca falten na Biblioteca Creativa! 🍎🎉


miércoles, 8 de octubre de 2025

Xogos de mesa para aprender a divertirse!🎲




Na nosa Biblioteca Creativa non só lemos libros, senón que tamén xogamos e aprendemos xogando. Hoxe queremos compartir unha actividade que está a encantar ao alumnado: xogos de mesa cooperativos.

Entre os favoritos está o xogo Woolfy, dos tres porquiños, un xogo cooperativo no que os nenos e nenas deben traballar xuntos para conseguir un obxectivo común, desenvolvendo habilidades como a estratexia, a colaboración, a comunicación e a toma de decisións en equipo.

Os xogos de mesa na biblioteca son unha ferramenta fantástica para fomentar a lectura, a imaxinación e a convivencia, porque permiten aprender normas, respectar turnos e compartir emocións e ideas mentres se divirten.

Seguiremos compartindo máis xogos e experiencias na nosa Biblioteca Creativa, para que nenos, nenas e familias vexan que aprender e divertirse pode ir da man! 🎉📚