Este mes de marzo, puidemos desfrutar de moitas actividades na nosa biblioteca, BIBLIOMARAÑA.
Comezamos o mes coa visita dunha persoa moi especial para o noso cole, Xabier Domínguez, xove escritor que viviu moitos anos en Vilar de Barrio. Antigo alumno desta escola e profe de prácticas no seus estudos universitarios.
Xabier Domínguez é autor e Naturizo, o pequeno ourizo que vive na Serra de San Mamede entre outro libros, como Fronteiras de papel, O xigante de Allariz, entre outros...
Nesta ocasión, Xabier ensinounos o mundo da ilustración e da edición dos contos.
Explicounos pasiño a pasiño o proceso de elaboración dun libros, desde que a primeira idea asoma na mente do escritor a ta que chega ós andeis das librerías. Mostrounos os diferentes tipos de papeis para imprimir e as diferentes técnicas de enmaquetado segundo o tipo de portada que leven.
E para rematar a xornada, xogos con palabras. Que ben o pasamos!!!
MAKEY-MAKEY E PATACAS: "MÚSICA DE PIANO"
Os maiores da escola, alumnado de 5º e 6º de primaria acompañados pola súa titora, puxeron en práctica o manexo co programa Scratch e cunhas patacas conseguen facer soar un piano.
OBRADOIRO DE TEATRO, DENTRO DO PROGRAMA "RADIO NA BIBLIO"
O último martes do mes, experimentamos diferentes técnicas de comunicarnos coa compañía de Manuel Fontemoura, experto en teatro e creador de TEATRO ANEIS e autor do libro " A nena do vestido de flores".