martes, 22 de diciembre de 2020

LECTURIÑAS E TEMPOS DE LECER COA FAMILIA

 A araña Maraña quere dar a noraboa a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado, persoal non docente), poñendo en valor o esforzo que se levou a cabo durante este trimestre.

Agora toca descansar e desfrutar un tempo na casa coa familia.

Boas Vacacións a tod@s os pequen@s!

Non vos esquezades que "LER é SOÑAR cos ollos ABERTOS"

Nunca deixedes de SOÑAR


No seguinte enlace podes ver ó alumnado de 5º e 6º de primaria



jueves, 17 de diciembre de 2020

OBRADOIRO DE E-TEXTILES EN BIBLIOMARAÑA

 

A semana pasada, tivo lugar o Obradoiro de Biblioteca creativa en BiblioMaraña.

Tivemos a visita de Paola Guimerans, especialista na área dos Textiles e promotora da educación STEAM, incluindo o mundo artístico,vinculando as habilidades artísticas e creativas co mundo científico e tecnolóxico.

Foi unha xornada moi intensa e moi interesante onde o noso alumnado e profesorado participou activamente, poñendo en valor a innovación xunto coa creatividade e a imaxinación.  

No seguinte vídeo, vemos un resumo da xornada:

      


martes, 15 de diciembre de 2020

II RADIO MARAÑA CONTA...

 RadioMaraña segue a emitir os seus programas en directo...

Hoxe, 15 de decembro de 2020,  Irati e Aylin de 3º de primaria nos contan curiosidades sobre Animais fantásticos. Nesta ocasión imos a aprender moitas cousas sobre O Ornitorrrinco.

Non deixes de escoitalo!!




Tamén Isaura e Hugo nos contaron curiosidades moi interesantes do Dente de sable.



martes, 1 de diciembre de 2020

RADIOMARAÑA CONTA...

O noso alumnado comenzou a participar na elaboración de Programas de Radio nos recreos en RADIOMARAÑA.

A semana pasada comezou Antela e Abiel dando o parte meteorolóxico da semana e o menú do comedor.

Onte, Roi e Estrella nos contaron un conto, Bágoas debaixo da cama.


No seguinte podcast podedes escoitalos:


Esta actividade está sendo un éxito. O alumnado está preparando os seus programas con moita ilusión e bo facer...Con que nos sorprenderán na seguinte sesión? Estade atentos...e desfrutade con RadioMaraña!!




sábado, 28 de noviembre de 2020

25N, NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 DE NOVEMBRO, E TODOS OS DÍAS...

XUNTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Esta semana, desde o colexio de Vilar de Barrio, estivemos a preparar a celebración do Día en contra da violencia de xénero. 

Alumnado e profesorado tratamos este tema intentando sementar  RESPECTO e IGUALDADE entre toda a comunidade.

Lemos contos, pintamos mandalas, pintamos as nosas mans...reflexionando sobre este tema.

Tamén a nosa mascota 

quixo facer un agasallo en impresión 3D para toda a comunidade educativa:

O último día da semana emitimos un Programa de radio desde RADIOMARAÑA.

A continuación, podedes escoitar un podcast do programa onde o noso alumnado plasma as súas reflexións, emitindo un rotundo NON:


miércoles, 11 de noviembre de 2020

OBRADOIRO DE RADIO CON PONTE NAS ONDAS!!

 

 O pasado luns, 9 de novembro, levamos a cabo un Obradoiro de Radio con noso alumnado de 3º a 6º de primaria co equipo de PONTE...NAS ONDAS!

Damián e Xerardo animaron ó nos alumnado a participar e a coñecer un pouco máis en profundidade o mundo da radio.

Organizados en grupos diferentes, 3º e 4º de primaria por un lado e, 5º e 6º por outro, levouse a cabo o obradoiro dividido en tres partes:

1ª parte: Dicción e proxección da voz, dinámicas de interpretación da nosa voz.



2ª parte: Traballaron con algunhas técicas de gravación: programa Audacity 2.0










3ª parte: Elaboración dun programa en directo.








martes, 10 de noviembre de 2020

...É TEMPO DE MAGOSTO


Hoxe,11 de novembro, en pleno outono e tempo de Magosto...
a Araña Maraña quere celebrar esta data con vós: Lede con atención a seguinte invitación:


ANÍMATE E PARTICIPA!!


"Despois de San Martiño,
ven o inverno en camiño"

martes, 3 de noviembre de 2020

SAMAÍN

 Desde a semana pasada, xa están preparadas as nosas 





Semana AMI

A semana pasada unímonos á celebración da Semana AMI proposta pola UNESCO  co lema: 


Desde a BiblioMaraña recordamos unss consellos para Navegar pola rede de forma segura e intentar ir recoñecendo a desinformación, creando conciencia entre o noso alumnado:

martes, 27 de octubre de 2020

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas


Fai anos que a nosa biblioteca pasou de ser una almacén de libros a un lugar onde cada vez ocurren máis e mellores vivenzas. Converténdose nunha ferramenta imprescindible para o noso centro que ofrece os mellores recursos a toda a comunidade educativa.

 Este curso, lanzamos unha proposta de animación á lectura para o  noso alumnado, converténdose nunhas superheroinas e surperheroes.







DÍA DAS ESCRITORAS. 19 DE OUTUBRO DE 2020


 O pasado luns, 19 de outubro o noso alumnado de 5º de primaria quixo rendir homenaxe a aquelas escritoras dando visibilidade da súa obra, facendo un Programa en RadioMaraña.

Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

A continuación podedes escoitar o seguinte podcast:


PROTOCOLO BIBLIOMARAÑA

 A PESAR DAS CIRCUNTASTANCIAS QUE ESTAMOS A VIVIR, BIBLIOMARAÑA ESTÁ ABERTA PARA OS SEUS USUARIOS. SOAMENTE TES QUE SEGUIR O SEGUINTE PROTOCOLO.



BIBLIOMARAÑA CURSO 2020-21


 COMEZAMOS NOVO CURSO CON MOITOS RETOS E INCERTIDUME,
 PERO CON MOITAS GAÑAS E ILUSIÓN.


Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.

Como nos recorda a Asesoría de Bibliotecas, nestes tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do alumnado.

viernes, 19 de junio de 2020

LECTURIÑAS PARA VERÁN

 Ola lectores! A araña Maraña quere por en valor o esforzo que fixestes toda a comunidade educativa durante este período de confinamento.

Desde BiblioMaraña intentamos estar cerca de vós, animándovos  a participar en diferentes propostas e achegando a lectura a pequenos e maiores.
 Unha vez mais, animamos a pasar un Feliz Verán coa compañía dos libros.
Aquí vos deixo unhas recomendacións feitas coa axuda do Consorcio Editorial Galego e o préstamo de obras dixitais a través da plataforma Elbe2.




A PLATAFORMA ELBE2. ten unha oferta moi ampla de libros para maiores e pequenos. Desfrutade coa lectura:






BIBLIOTECA CREATIVA: Recuncho Fedelleiro


A nosa biblioteca ofrece ó noso alumnado mellorar en habilidades mentais, na lóxica, o razoamento, ...Ademais de mellorar as súas relacións sociais a través de moitísimos xogos manipulativos.
O alumnado deixa voar a súa creatividade a través de xogos de construción...
O alumnado busca e pensa en diferentes formas de pensamento para chegar á súa aprendizaxe.

A continuación, pódese ver nas seguintes imaxes: