martes, 28 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DA AUGA (22 de marzo)- OBRADOIRO CON REDE NATURA E O CONCELLO

          Para conmemorar o Día da Auga, fixemos unha saída do centro cunha actividade de Rede Natura, en colaboración co Concello de Vilar de Barrio, para coñecer un pouco máis da Lagoa de Antela. Percorremos diversas zonas da antigua Lagoa para observar as aves que habitan nela, buscar pegadas doutros animais, coñecer a vexetación propia destes humedais e facer unha recollida de lixo. Subimos despois ó alto da Chaira desde onde poidemos divisar toda a extensión da Lagoa e os pobos que a arrodean. A continuación fomos ata Vilar de Santos para visitar o Museo da Limia, e pasando polas areeiras e rematamos cunha comida campestre no entorno da Carballa da Rocha en Rairiz de Veiga. Un día ben completiño...





sábado, 11 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

   

     O 27 de marzo é o Día mundial do Teatro. Desde Radiomaraña o alumnado de 4º e 5º gravou a obra O RESTAURANTE FARRUCO. O programa foi presentado polo alumnado de 6º e o resultado... podedes escoitalo a continuación. Esperamos que o desfrutedes.


miércoles, 8 de marzo de 2023

8 de marzo: DÍA DA MULLER

     Nestes días, quixemos destacar a importancia da muller en todos oa ámbitos da vida, procurando a igualdade e mantendo o lema do centro de educar en igualdade pero respectando as diferenzas. 

    Foron moitas as actividades realizadas en torno ó empoderamento da muller. Mostrámosvos algunhas:

    Fixemos investigacións sobre mulleres que deixaron pegada pola súa loita feminista e mergullámonos na súa vida e obra, aprendendo a valorar o seu traballo e as difíciles circunstancias que lle tocou vivir a algunha delas. Con esta información e todo o relacionado co 8M e o Día Internacional da muller, tratamos de facer unha pancarta, convertible en bandeira, como produto final. Para elaborala, repartíronse teas e pinturas para uso téxtil, a todas as aulas nas que o alumnado foi plasmando a súa visión deste día. Eses anacos coséronse no mesmo centro para poder mostrar o conxunto nun acto que se levou o a cabo a nivel de concello e ó que fomos invitados polas autoridades municipais. Unha vez máis fixemos comunidade coa veciñanza, corporación municipal e traballadores/as do Concello. O acto tivo lugar nos locais da Biblioteca Municipal. O alumnado expuxo ante o público xeral e autoridades o significado do seu traballo e a cambio recibiu, por parte do Concello,unha bolsa conmemorativa e un fermoso agasallo de cerámica para cada aula. Xuntos, descubrimos unha lona impresa que será posta nos diferentes pobos, para conmemorar este día a nivel municipal.



    En días previos tivemos un Obradoiro de Igualdade guiado por voluntarias do CDR O VISO, no que todos reflexionamos sobre estereotipos de xénero con supostos reais e traballo reflexivo. Grazas, un ano máis, por acordarvos do noso colexio.





martes, 7 de marzo de 2023

CAMIÑO DE SANTIAGO

 O noso centro está dentro da Ruta da Prata, no Camiño de Santiago e vivimos moi de cerca a convivencia con peregrinos, o Xacobeo, as diferentes culturas... valorando este feito como unha riqueza cultural e sentindo admiración polo noso patrimonio material e inmaterial. 

Neste curso, temos como proxecto de centro o Camiño de Santiago e trabállase desde todos os ámbitos. En bibliomaraña, vimos a oportunidade de solicitar unha maleta viaxeira con libros e xogos do Camiño e non o dubidamos, Grazas á Asesoría de Bibliotecas por facilitarnos este material. Estará no noso colexio un mes. Agora toca desfrutalo e seguir aprendendo co noso proxecto. Bo camiño...!!!



lunes, 6 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - 23 de febreiro

 Nestes días, Rosalía de Castro ocupou todas as aulas 

do noso centro para deleitarnos coa súa sabeduría.

O alumnado de 1º, 2º e 3º elabou vídeos con reseñas da escritora.

Preme na imaxe se queres escoitar un deles. 


Desde Bibliomaraña proxectouse información de todo tipo e escoitáronse poemas da escritora en boca de diferentes cantautores e cantantes así como interpretacións levadas á danza.

Varios alcaldes e alcaldesas da Comarca da Limia, gravaron un vídeo no que recitaron poemas de Rosalía de Castro. Desde o Concello, traballando en comunidade, compartiron o vídeo con nós e foi escoitado polo alumnado do centro.