jueves, 24 de noviembre de 2022

NOVOS TÍTULOS EN BIBLIOMARAÑA

 A Araña Maraña acordou facer un novo recuncho de novidades para que toda a comunidade educativa podamos coñecer os novos libros que se van mercando antes de colocalos nos andeis e seccións correspondentes.

Botádelle un ollo e desfrutade con eles. Coa lectura relaxámonos, descansamos, aprendemos, mergullámonos en diferentes escenarios e podemos viaxar e coñecer novos lugares sen movernos do sitio.

Estas e algunhas máis son as novidades incorporadas en novembro.





lunes, 14 de noviembre de 2022

TEMPO DE CASTAÑAS

Desde Bibliomaraña chegou a proposta de facer un comic colaborativo no que participou todo o alumnado de infantil e primaria. Unha aula comezou a historia e as outras continuaron no punto que a recibiron. O resultado, con 8 viñetas, plasmouse nun mural e este é o resultado:


A celebración da festa do magosto fixémola no entorno das piscinas municipais. Asamos castañas e chourizos. Comemos no campo e desfrutamos dunhas horiñas de convivencia, xogo e diversión. O tempo axudounos, amanecendo un día soleado para que a xornada fora inmellorable.







viernes, 4 de noviembre de 2022

DECOR-ARTE: ACTIVIDADE EN COLABORACIÓN CO CENTRO DE DÍA.

O alumnado de 4º, 5º e 6º, colaborou nunha actividade artística cos maiores do Centro de día. Foi unha ledicia ver como desfrutaron xuntos pequenos e maiores, recortando, pintando e compartindo ideas, arte e motivación. Ninguén quería que rematara o tempo. Por sorte, foi a primeira xornada pero haberá unha segunda para rematar as obras de arte. Adiantamos unhas imaxes de hoxe e daremos boa conta da seguinte xornada e do seu resultado.





DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA E DÍA INT. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

     Neste mes de novembro temos dúas conmemoracións importantes:  o 20 é o Día Internacional da Infancia e o 25 o Día Internacional contra a Violencia de Xénero; motivo polo que a araña Maraña fai unha proposta de lecturas con esta temática e en Bibliomaraña prepárase un novo recuncho ambientado con murais elaborados polo alumnado de infantil e primaria. Desfrutade destas lecturas.


ç


Con toda a primaria realizouse un obradoiro para traballar a non violencia, asentar algúns conceptos e reflexionar sobre a igualdade e diferentes tipos de violencia. Contamos, coma sempre coa grata colaboración do CDR O VISO. Grazas, un ano máis polo voso tempo e o voso bo facer.








PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS


 Cada mércores, cando soa o timbre do recreo, padriños, madriñas, afillados e afilladas colgan os seus distintivos e espéranse nas filas de baixada para adicar á lectura un anaquiño de recreo escollendo para a ocasión o recuncho que lles pareza máis axeitado a cada quen.

















 

jueves, 3 de noviembre de 2022

CELEBRAMOS O SAMAÍN

 Nos días anteriores ó Samaín, Bibliomaraña tivo o seu recuncho temático adicado a esta celebración, onde os libros de terror, as meigas e as pantasmas tiveron protagonismo. 


Realizáronse actividades variadas, entre elas un obradoiro de cociña que tivo como resultado o postre do Samaín a base de galletas que o alumnado amasou, elaborou e decorou.















O alumnado de 6º, na área de lingua castelá e laborou un "Cadaver exquisito" que consiste na creación de rimas encadeadas. Este é o proceso e o resultado.





Os disfraces foron un aliciente para a xornada de celebración e todo o alumnado desfrutou coa vestimenta.











E durante a tarde, o alumnado estivo repartido en cinco grupos heteroxéneos que foron rotando por cinco recunchos diferentes, participando dun taller en cada un deles.