Se sempre queremos fomentar a lectura, este día quixemos facelo dun xeito especial, facendo que todo o alumnado pasara pola Biblioteca e adicara un tempo a ler de maneira individual, narrar algunha historia para o resto do grupo ou a representar algún conto.
Un espazo adicado a publicar as actividades da Biblioteca da Araña Maraña do noso centro, o CEIP-P. VILAR DE BARRIO, Ourense
martes, 26 de marzo de 2024
DIA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL (20 MARZO)
lunes, 25 de marzo de 2024
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
En días previos ó 21 de marzo, preparouse no corredor do colexio unha selección de libros con poemas para chamar a atención do alumnado e adicaran máis tempo á poesía. Por outra banda, a nivel de aula, en todas as asignaturas se traballou con diferentes poemas lidos e cantados.
domingo, 17 de marzo de 2024
DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR
O 15 de marzo conmemoramos o Día Muncial dos Dereitos do Consumidor. Nos días previos tratamos de pescudar información sobre o que significa ser consumidor e cales son os nosos dereitos como consumidores e consumidoras. Feito esto tratamos de facer algún produto final no que quedara plasmada esta información. Estes son algúns dos murais ou carteis elaborados cos seus ordenadores ou nas tabletas.
viernes, 15 de marzo de 2024
TRABALLAMOS A IGUALDADE CON SCRATCH
Levamos todo o curso co proxecto de igualdade, abordándoo en todas as áreas e desde todoas as ferramentas posibles. Estes días facemos un pouco máis de fincapé en scratch, co fin de acadar un proxecto con esta ferramenta no que o fío sexa a igualdade. Deixámosvos unha captura de parte do código para que o vexades por dentro, pero tamén vos damos a opción de xogar. Esperamos que o desfrutedes.
jueves, 14 de marzo de 2024
DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS -14 MARZO
Hoxe, 14 de marzo conmemórase o Día Internacional das Matemáticas. Hoxe a nosa biblioteca encheuse de números, enigmas e xogos matemáticos. |
Os/as maiores prepararon retos matemáticos; e hoxe, todos e todas tiveron un tempo para resolvelos. A continuación fixemos unha posta en común con resultados para valorar se fomos quen de chegar á solución correcta. Foi moi divertido.
TEATRO NO AUDITORIO: "HUGO"
O 27 de marzo vai ser o Día Mundial do Teatro pero no noso cole adiantamos uns días esa celebración e commemorámos esa celebración o día 12 para adaptarnos ós horarios da compañía de teatro.
miércoles, 13 de marzo de 2024
INFORMATIVO SEMANAL: Especial Semana da Prénsa.
Aquí vos deixamos o programa de radio que editamos como informativo semanal durante a Semana da Prénsa.
sábado, 9 de marzo de 2024
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER - OBRADOIRO DE IGUALDADE CO CDR O VISO DE LODOSELO.
O 8 de marzo recordamos que cada día do ano debe estar marcado pola igualdade e polo recoñecemento dos dereitos da muller, polo que este día sería mellor que non existira. Oxalá non fixera falta esta conmemoración. Ó longo dos anos temos avanzado moito, pero debemos seguir traballando en prol da igualdade e desde Bibliomaraña así o estamos facendo.
Participamos no concurso de carteis do 8 de marzo convocado pola Consellería de Igualdade en colaboración coa Consellería de Educación. Non tivemos a sorte de gañar, enviamos os nosos parabéns ós centros seleccionados, pero estivemos encantados de participar e lucimos con orgullo e sentimento o noso cartel.
Nestes días, coñecemos a vida e obra de diferentes mulleres importantes. O alumnado dos primeiros cursos de primaria traballou a igualdade no deporte, investigaron sobre moitas deportistas, elaboraron códigos QR que foron colocados na árbore da igualdade para que toda a comunidade educativa os poda escanear cando o desexe.
SEMANA DA PRENSA
Do 4 ó 8 de marzo, por ser a semana da prensa, traballamos nas aulas cos periódicos de forma máis intensa: estudamos a estructura dos diarios e as diferentes seccións, seleccionamos noticias e diferenciamos as partes de cada noticia, resumímos as noticias seleccionadas e traducímolas ó galego no caso de que estiveran en castelán e coas noticias seleccionadas faremos un pequeno programa de radio a modo de informativo semanal. Mostrarémolo cando o acabemos de editar.
Por certo, como nesta semana tamén coincidiu o 8 de marzo, varias das noticias estan relacionadas coa temática da muller e da igualdade.