Un espazo adicado a publicar as actividades da Biblioteca da Araña Maraña do noso centro, o CEIP-P. VILAR DE BARRIO, Ourense
viernes, 25 de octubre de 2024
viernes, 18 de octubre de 2024
Hoxe o noso coleno Diario da Limia
O CEIP de Vilar de Barrio, o máis tecnolóxico da comarca.
Máis info no seguinte enlace: https://www.dendealimia.com/texto-diario/mostrar/5036729/ceip-vilar-barrio-mais-tecnoloxico-da-comarca
jueves, 17 de octubre de 2024
Actividade: Galicia nomeada
Este luns 14 de outubro, en colaboración co Concello, fixemos unha excursión pola localidade de Vilar de Barrio co alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "Galicia nomeada". Visitamos as fontes da localidade e outros puntos de interese, falamos sobre os seus topónimos e usos e costumes dos mesmos.
viernes, 11 de octubre de 2024
Documental 1: A Serra de San Mamede
Radio Maraña en colaboración con Pequepouchas presenta. Na nosa serie de documentais sobre a nosa contorna, comezamos coa Serra de San Mamede.
O alumnado preparou a información atopada na galipedia, buscaron fotos e fixeron a banda sonora en música.
Dentro vídeo!
Etiquetas:
a nosa contorna,
documentais,
polos creativos,
radio maraña
Facemos biscoito con produto de tempada (castañas)
Para traballar matemáticas, hábitos de vida saudable e aprendizaxe e servizo. Os alumnos de quinto e sexto preparamos biscoito con produto de tempada (castañas) para o resto de compañeiros do colexio.
Etiquetas:
cociña,
polos creativos,
quinto e sexto
miércoles, 2 de octubre de 2024
Galicia nomeada
Colaborando co concello participamos coa aplicación "Galicia Nomeada".
Nesta primeira fase tivemos unha charla_obradoiro impartido por persoal da Real Academia Galega á que asistiu alumnado, profesorado, familias, veciños e persoal do concello
Traballando con plastilina condutora e o sistema solar
Dentro do proxecto sobre o sistema solar, o alumnado elaborou un planetario. O sol fixémolo con platilina condutora á que conectamos unha batería e uns led.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)