Lecturas recomendadas para a conmemoración do 25 de Novembro, día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Un espazo adicado a publicar as actividades da Biblioteca da Araña Maraña do noso centro, o CEIP-P. VILAR DE BARRIO, Ourense
lunes, 18 de noviembre de 2024
Lectura de aula "Contos ó teléfono"
Este trimestre en quinto e sexto, estivemos a traballar na hora de lectura grupal co libro "Contos ó telefono" de Gianni Rodari.
Fermosos relatos como 'Un e sete' compoñen un conxunto de relatos que un pai lle conta cada noite ao seu fillo.
Robot con luz automática.
Vídeo creado polo alumnado de quinto e sexto de primaria (integramente)
viernes, 25 de octubre de 2024
viernes, 18 de octubre de 2024
Hoxe o noso coleno Diario da Limia
O CEIP de Vilar de Barrio, o máis tecnolóxico da comarca.
jueves, 17 de octubre de 2024
Actividade: Galicia nomeada
Este luns 14 de outubro, en colaboración co Concello, fixemos unha excursión pola localidade de Vilar de Barrio co alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "Galicia nomeada". Visitamos as fontes da localidade e outros puntos de interese, falamos sobre os seus topónimos e usos e costumes dos mesmos.
viernes, 11 de octubre de 2024
Documental 1: A Serra de San Mamede
Facemos biscoito con produto de tempada (castañas)
miércoles, 2 de octubre de 2024
Galicia nomeada
Traballando con plastilina condutora e o sistema solar
Dentro do proxecto sobre o sistema solar, o alumnado elaborou un planetario. O sol fixémolo con platilina condutora á que conectamos unha batería e uns led.
viernes, 27 de septiembre de 2024
FESTA DA PATACA 2024.
Este ano co gallo da celebración da "Festa da pataca", unha gran celebración no noso concello; a Araña Maraña propón ó noso alumnado este reto.
Ala, animádevos a participar.
miércoles, 26 de junio de 2024
GRADUACIÓN SEXTO
Despois dun duro curso con moita colaboración en Bibliomaraña por parte do alumnado de sexto, chegou o final dunha etapa; rematan a Primaria e comezarán unha nova vida como estudiantes da ESO no instituto. Para os catro graduados, os nosos mellores desexos e este pequeno recordo dunha xormada moi emotiva.
FESTA DA ANPA DE FINAL DE CURSO.
A relación de todos os membros da Comunidade Escolar é moi intensa ó longo de todo o ano. Como agasallo para o alumnado, a ANPA do colexio preparou unha maravillosa festa de fin de curso onde, con dous monitores, non faltaron inchables, pintacaras, xogos, tauaxes... unha xornada moi divertida. Grazas ANPA.
VISITA GUIADA ÁS EXCAVACIÓNS DO CASTELO DE SAN XOÁN
En colaboración co Concello fixemos unha visita guiada ás excavacións arqueolóxicas do Castelo de San Xoán, na que o arqueólogo nos foi explicando polo miúdo, ó longo da mañá, todo o que foron atopando e descubrindo. Aproveitamos tamén para que Samue, un veciño de Vilar de Gomareites nos fora explicando a flora da zona, beneficios dalgunhas plantas medicinais e historias lo lugar.
PIANO-PATACA CON MAKEY-MAKEY
Un dos traballos que fixemos coas placas Makey -Makey foron uns pianos con patacas e neles interpretamos diversas pezas musicais traballadas previamente na aula de música.
TEATRO FIN DE CURSO
Despois de varias xornadas do obradoiro de teatro con Manuel, fíxose como broche de ouro a representación teatral das obras de todas as aulas. O escenario foi o recuncho faladoiro de Bibliomaraña.
COMPARTINDO XOGOS COS AVÓS E AVOAS DO CENTRO DE DÍA
Unha xornada estupenda na que o noso alumnado e usuarios do Centro de Día compartiron xogos e actividades de lecer.
martes, 28 de mayo de 2024
VIAXE A SANTIAGO: MUSEO DE HISTORIA NATURAL E CASCO ANTIGO DA CIDADE.
O venres 24 de maio fixemos unha viaxe a Santiago de Compostela, en colaboración co Concello, para coñecer o Museo de Historia Natural (visita que estaba pendente para conmemorar o Día dos Museos) e coñecer o entorno da Catedral, rúas do casco vello e Alameda. Foi un día ben completiño.
ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS
O alumnado do colexio desprazouse ó centro de Día unha vez ó mes, para traballar en diversas actividades xunto cos nosos maiores. Tanto nenos e nenas coma os usuarios do centro de día desfrutaron das actividades, da compañía e axudáronse mutuamente.
Elaboraron atrapasonos, fixeron caixiñas e xoieiros con pasta de sal e cociñaron deliciosas pizzas. Quédanos pendente unha última actividade relacionada cos xogos populares que terá lugar nos próximos días.
jueves, 23 de mayo de 2024
OBRADOIRO DE RECICLAXE CON SOGAMA
Persoal de Sogama desprazouse ata o noso centro para recordarnos a regra das tres R, que en realidade xa son 4, como se recicla de maneira correcta e falarnos dos novos colectores. Despois da información, veu o mais divertido... xogar a reciclar. como despedida recibimos un imán que leva incorporada unha guía de reciclaxe.
CINEMA CON PERSPECTIVA: COMEMOS CON IGUALDADE
En colaboración co proxecto Cinema con Perspectiva fixemos unha curtametraxe con temática de igualdade. Traballamos todo o proceso decidindo para cada acción o lugar da cámara, tamaño dos planos, ángulos de cámara, movementos, encaixe e composición de elementos dentro do cadro de imaxe, traballamos a lei da mirada, fixemos guión, repartimos personaxes, nomeouse directora e cámaras, ensaiamos os guións e puxémonos a rodar.
Despois de ser editada por expertos, este é o resultado. Preme na imaxe para ver a curta:
jueves, 16 de mayo de 2024
DÍA DA FAMILIA
Dado que os lazos familiares e a composición das familias cada vez é máis diversa, traballouse o Día da familia, no que non queda ninguén excluído. Desde Bibliomaraña propúxose este libro:
LETRAS GALEGAS 2024: LUISA VILLALTA
Dende fai meses, vimos investigando sobre a vida e obra de Luisa Villalta e realizando numerosas actividades en todos os cursos en torno á escritora homenaxeada deste ano. Un dos froitos desa investifación foron presentacións feitas polo alumnado e expostas ante o resto de alumnos e alumnas.
Tamén fixemos debuxos e pequenos murais: