O cambio climático
está a suceder máis rápido do previsto e ameaza o futuro de todo
aquilo que amamos.
Cada día hai máis
probas que evidencian o risco que sufre o noso planeta. 
Profesorado e
alumnado do CEIP-P. Vilar de Barrio, aportan ó seu granciño de
area para concienciar á sociedade de que todas e todos podemos facer
algo para cambiar esta situación. No seguinte vídeo, co lema
“ACTÚA” , nenas e nenos propoñen unha chea de consellos. 
ACTÚA POR UN MUNDO MELLOR!!! 
