lunes, 12 de junio de 2023

MATEMÁTICAS E CIENCIAS NA BIBLIO

 Xogando, e de maneira distendida, tamén se traballa na biblioteca coas matemáticas e coas ciencias: construímos polígonos, facemos circuítos eléctricos, traballamos con imáns, coñecemos o interior do noso corpo, experimentamos, manipulamos... 


lunes, 5 de junio de 2023

5 de xuño: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 Neste curso, en relación ó medio ambiente tivemos duas actividades destacadas. A primeira delas, foi unha visita ó centro  Axentes medioambientais dos que aprendemos como coidar e respectar ós animais e tivemos a sorte de que trouxeron un par de aguiluchos, que despois de ser tratados no nun centro de recuperación de aves, xa estaban preparados para voltar á súa vida en libertade e s solta fixémola con estes axentes desde o patio do colexio. Ata veu un fotógrafo dun diario ourensá e saímos na prensa.



A outra actividade estivo relacionada co mundo das abellas e o mel. Poidemos aprender polo miúdo todo sobre estes animaliños, ver a raíña dentro dun dos paneis da colmea, a súa organización e valorar a importancia que teñen para o medio ambiente pola súa actividade na polinización das prantas.





domingo, 4 de junio de 2023

PREMIO DE POESÍA


 O IES San Mamede de Maceda, convoca un concurso de poesía para que poda participar nel o alumnado de 6º de primaria que será escolarizado nese instituto o próximo curso. Os premios foron entregados na Xornada informativa e visita ó centro que tivo lugar a finais de maio. Pois ben, para alegría de Xisela e Iván, os dous premios foron entregados a dous alumnos do noso centro. Parabéns...!!!


HILOGRAMAS

     Seguimos facendo comunidade co Centro de Día e os nosos maiores. Esta vez foron varias xornadas de xuntanza para facer hilogramas. Foi un traballo colaborativo e desfrutámolo moitos todos e todas.