Ola amig@s! Aquí estamos, na segunda semana de corentena polo COVID-19. A araña Maraña quere recordarvos que diversos estudos sinalan a diversidade de beneficios que ten a LECTURA. Entre outros: - Desperta a nosa imaxinación... - Permite evadirnos do mundo real durante un ratiño... - Alimenta a nosa inspiración... - Libera as nosas emocións.... - Axuda a sentirnos activos, manténdonos ocupados, distraidos, reducindo o noso nivel de ESTRÉS. Así que, estes días tan especiais, NEN@S E ADULTOS, a araña Maraña anímavos a que adiquedes un ratiño ó día a esta actividade. Aquí vos deixa unha chea de propostas: - O Colexio de Psicólogos da Comunidade de Madrid, elaborou un conto para falarlles ás nenas e ós nenos sobre o Coronavirus e outros virus. Pincha no seguinte enlace e poderás velo: https://issuu.com/colegiooficialpsicologosmadrid/docs/cuento_rosa_contra_el_virus_alta/6
- Os maiores do cole e as familias tedes a plataforma ELBE.2 para facer lectura dixital nos vosos dispositivos. Todos tedes a vosa conta que vos recordou a vosa titora. Se alguén ten algún problema, non dubidedes e poñervos en contacto con nós.
Ola amigos. A Araña Maraña quere estar cerca de vós a pesar das circunstancias. Desde BIBLIOMARAÑA queremos celebrar o Día Mundial da POESÍA. Aquí tedes unha canción adicada a Rosalía de Castro, cantada por UXÍA. Para cantar, rir, soñar, desfrutar, bailar, ...
#EuQuedoNaCasa
Un POEMA é unha chea de palabras que se mesturan dun xeito especial. Os POEMAS serven para inventar historias, describir personaxes ou explicar como nos SENTIMOS. NON hai POEMAS BOS nin POEMAS MALOS, todos os POEMAS son ESPECIAIS. Moito máis, se vós os escribides.
Queres pasar un ratiño creando o teu poema? Anímate e participa!
Crea o teu propio poema con estas palabras. Podes engadir máis, todas as que ti queiras... Tes liberdade para a túa creación. Cando o teñas, envíallo a túa titora ou titor. Podes escribilo ou mandar un audio. Temos toda a semana para facelo. Entre todas e todos, podemos crear un poemario xuntos!
Se necesitas axuda para comenzar, podes seguir esta idea:
Aprender a ....... é como............... Só hai que...............,................,
A profe de Inglés practica a expresión oral na lingua estranxeira cos pequenos de Primaria.
Alumando de 1º, 2º e 3º nos ensinan diferentes profesións en inglés:
O día 2 de marzo, as familias do noso alumnado foron convidadas á Inauguración do novo espazo da biblioteca escolar, Bibliomaraña. Resultado dun gran esforzo e traballo por parte do todo o equipo de Biblioteca e grazas á participación da nosa Biblioteca no Plan LÍA.2.
Esa tarde, proxectamos dous vídeos elaborados en relación ó tema. Un deles, trata sobre o proceso de transformación do espazo: o proceso de obras, cambio de chan, teito, iluminación, pintura e renovación de mobiliario, decoración dos recunchos, ...
Ademais, as familias presentes poideron ver en primeira persoa cómo funcionan diferente recursos: os escornabots, a impresora 3D, o manexo de programas como Scratch, Tinkercad, o laboratorio de radio, ...
O segundo vídeo proxectado trátase dun programa especial presentado por dúas alumnas de 5º de primaria, Alba e Noa, actuando como reporteiras ensínanos todos os recunchos da biblioteca coa axuda das explicacións do alumnado do cole.