sábado, 21 de marzo de 2020

Día Mundial da Poesía


Ola amigos. A Araña Maraña quere estar cerca de vós a pesar das circunstancias.
Desde BIBLIOMARAÑA queremos celebrar o Día Mundial da POESÍA.
Aquí tedes unha canción adicada a Rosalía de Castro, cantada por UXÍA.
Para cantar, rir, soñar, desfrutar, bailar, ...

 #EuQuedoNaCasa







Un POEMA é unha chea de palabras que se mesturan dun xeito especial.
Os POEMAS serven para inventar historias,
describir personaxes ou explicar como nos SENTIMOS.
NON hai POEMAS BOS nin POEMAS MALOS,
todos os POEMAS son ESPECIAIS. 
Moito máis, se vós os escribides.



Queres pasar un ratiño creando o teu poema? Anímate e participa!


 Crea o teu propio poema con estas palabras. Podes engadir máis, todas as que ti queiras...
Tes liberdade para a túa creación. 
Cando o teñas, envíallo a túa titora ou titor. Podes escribilo ou mandar un audio. Temos toda a semana para facelo.
Entre todas e todos, podemos crear un poemario xuntos!

Se necesitas axuda para comenzar, podes seguir esta idea:


Aprender a .......
é como...............
Só hai que...............,................, 
e...............







No hay comentarios:

Publicar un comentario