sábado, 27 de noviembre de 2021

25 N: BIBLIOMARAÑA EN PE POLA IGUALDADE



 

 25 N: CONTOS POLA IGUALDADE


BIBLIOMARAÑA quixo participar na celebración desta data.

A mellor maneira de facelo é a través da lectura dos contos que nos propón a nosa mascota. A continuación pódese escoitar, un dos contos que preparamos en favor da IGUALDADE.








viernes, 5 de noviembre de 2021

SAMAIN

A NOSA MASCOTA, AXUDOUNOS A BOTAR OS MEDOS FÓRA.



AQUÍ TEDES O NOSO MONSTRO COMEMEDOS INTERACTIVO ( Unha creación da nosa artista do cole. Grazas Manu )






DÍA DAS BIBLIOTECAS E SAMÁIN

 A semana pasada celebramos na nosa escola, o Día das Bibliotecas, desfrutando de novo do noso espazo. 

Por cursos, o alumnado puido desfrutar duns contos preparados polos encargad@s da biblioteca e, de novo, participamos dunha xornada de Biblioteca Creativa.







Ademais, as MOCHILAS VIAXEIRAS, volveron a saír rumbo ás casas para desfrutar da LECTURA EN FAMILIA


DÍA DAS ESCRITORAS

 

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.


O pasado 18 de outubro, desde BiblioMaraña, fixemos a unha homenaxe ás nosas escritoras galegas.

O alumnado de primaria participou na lectura de pequenos fragmentos de obras de escritoras galegas no noso ESPAZO FALADOIRO .





O alumnado de 5º e 6º fixeron un programa de Radio. A continuación, podes escoitalo:










BIBLIOMARAÑA CURSO 2021-2022

 COMEZAMOS UN NOVO CURSO

CON GANAS E ILUSIÓN



Tal como nos sinala este curso o lema de Bibliotecas Escolares, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, co obxectivo de visualizar a importancia da linguaxe, como ferramenta que abre camiños de pensamento, de imaxinación, de aprendizaxe, de comunicación, ...


Un dos retos da escola do século XXI é formar ó alumnado coa capacidade de poder expresarse con todos os recursos que están ó seu alcance.