martes, 28 de mayo de 2024

VIAXE A SANTIAGO: MUSEO DE HISTORIA NATURAL E CASCO ANTIGO DA CIDADE.

 O venres 24 de maio fixemos unha viaxe a Santiago de Compostela, en colaboración co Concello, para coñecer o Museo de Historia Natural (visita que estaba pendente para conmemorar o Día dos Museos) e coñecer o entorno da Catedral, rúas do casco vello e Alameda. Foi un día ben completiño.





ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS

 O alumnado do colexio desprazouse ó centro de Día unha vez ó mes, para traballar en diversas actividades xunto cos nosos maiores. Tanto nenos e nenas coma os usuarios do centro de día desfrutaron das actividades, da compañía e axudáronse mutuamente. 

Elaboraron atrapasonos, fixeron caixiñas e xoieiros con pasta de sal e cociñaron deliciosas pizzas. Quédanos pendente unha última actividade relacionada cos xogos populares que terá lugar nos próximos días.


jueves, 23 de mayo de 2024

OBRADOIRO DE RECICLAXE CON SOGAMA

 Persoal de Sogama desprazouse ata o noso centro para recordarnos a regra das tres R, que en realidade xa son 4, como se recicla de maneira correcta e falarnos dos novos colectores. Despois da información, veu o mais divertido... xogar a reciclar. como despedida recibimos un imán que leva incorporada unha guía de reciclaxe.


CINEMA CON PERSPECTIVA: COMEMOS CON IGUALDADE

 En colaboración co proxecto Cinema con Perspectiva fixemos unha curtametraxe con temática de igualdade. Traballamos todo o proceso decidindo para cada acción o lugar da cámara, tamaño dos planos, ángulos de cámara, movementos, encaixe e composición de elementos dentro do cadro de imaxe, traballamos a lei da mirada, fixemos guión, repartimos personaxes, nomeouse directora e cámaras, ensaiamos os guións e puxémonos a rodar.

Despois de ser editada por expertos, este é o resultado. Preme na imaxe para ver a curta:



jueves, 16 de mayo de 2024

DÍA DA FAMILIA

 Dado que os lazos familiares e a composición das familias cada vez é máis diversa, traballouse o Día da familia, no que non queda ninguén excluído. Desde Bibliomaraña propúxose este libro:


O alumnado que traballa como bibliotecarios voluntarios, contáronlle o conto ó resto do alumnado, ó mesmo tempo que lles falaban de diferentes tipos de familias.


Despois, seguiuse traballando a familia a nivel de aula.






LETRAS GALEGAS 2024: LUISA VILLALTA

 Dende fai meses, vimos investigando sobre a vida e obra de Luisa Villalta e realizando numerosas actividades en todos os cursos en torno á escritora homenaxeada deste ano. Un dos froitos desa investifación foron presentacións feitas polo alumnado e expostas ante o resto de alumnos e alumnas.

Tamén fixemos debuxos e pequenos murais:



Traballamos tammén con xogos educativos on line, para os diferentes niveis, facilitados pola Área Educativa Afundación. Deixámosvos fotos e o enlace por se queredes entrar.

Preme na imaxe para xogar:

Na aula dos primeiros cursos de primaria fixeron un vídeo sobre a vida e obra de Luisa Villalta. Preme na imaxe para ver o vídeo.

Toda primaria participou nunha xornada de orientación sobre Luisa Villalta na que tiveron que ir resolvendo ferentes acertixos e retos e conseguir pezas para formar un puzle da escritora.



Fixéronse comics sobre a escritora. Este é o de Isaura.



miércoles, 15 de mayo de 2024

MULTIPLICAMOS PARA A IGUALDADE

 Este curso, o proxecto de igualdade lévanos a todos os campos. En matemáticas estivemos traballando as táboas de multiplicar e proplemas relacionados coa multiplicación e empregamos estes cadernos nos que todos os problemas do seu interior están dotados de palabras fermosas e en prol da igualdade.


TRABALLANDO OS CIRCUÍTOS

 PROXECTO DE HUGO DE 6º: "Guerra espacial controlada con auga"

 Preme na imaxe para ver o vídeo explicativo.


Outros modelos de circuítos:




DIA INTERNACIONAL DA SAÚDE- Saude bucodental

 Este ano, o Día da Saúde acordamos adicarllo á saúde bucodental pola importancia que ten na infancia.

Retrasamos un pouco a súa celebración en espera de poder contar no centro coas hixienistas do PAC de Xinzo de Limia, cabeceira da nosa comarca, que voluntariamente e de maneira desinteresada se acercaron ó colexio para compartir con todo o alumnado, tanto de infantil coma de primaria, un obradoiro no que se traballaron diversos aspectos da saúde bucodental e a súa relación con hábitos de hixiene e alimentación saudables. Unha mañá fructífera e chea de bos consellos. Moitas grazas por compartir con nós os vosos coñecementos.




martes, 14 de mayo de 2024

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

 O alumnado de 6º, dende a área de ciencias da natureza, fixo unha investigación sobre os animais en perigo de extinción. Despois cada quen escolleu un deses animais e fixo unha presentación sobre el. Cando estiveron rematadas, expuxeron os seus traballos ó resto do alumnado.



jueves, 9 de mayo de 2024

BENVIDO MAIO...!

 Na clase de relixión, debido á chegada do mes de maio, deseñaron cruces para darlle a benvida ó mes e seguir as tradicións. Mostrámosvos a continuación algunhas delas.



miércoles, 8 de mayo de 2024

ROBÓTICA CON MBOT

 Os mBOT están en Bibliomaraña desde fai uns anos e con eles o alumnado practica a programación por bloques de xeito similar a como o fai en scratch.




viernes, 3 de mayo de 2024

SEMANA DO LIBRO - DIA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR - 23 ABRIL

 Do 22 ó 26 de abril traballouse arreo en favor do hábito lector. A nivel de aula fixéronse diversas actividades; pero, a nivel de centro, unha delas foi manter ó longo desa semana  e parte da seguinte, incluída a fin de semana, un stand de libros no patio do colexio. A el tiña opción de acudir calquera persoa e en calquera horario. Nos recreos tivo máis afluencia do alumnado. 

O alumnado responsabledeste stand foron ós bibliotecarios e bibliotecarias de Bibliomaraña. Fixeron o cartel, colocaron mesas e libros, velaron nos recreos para asesorar e manter os libros ordenados e finalmente recolleron todo.



Na aula de 5º e 6º deseñamos marcapáxinas, plastificámolos e repartímolos o Día do Libro a todo o alumnado e profesorado do colexio.

Fíxose un escape-room da biblioteca no que por equipos tiveron que resolver enigmas e ir acadando pistas que lle permitiron atopar a chave para poder saír da biblioteca. Cada equipo estaba identificado por un color diferente na chapa que se fixo para a actividade.