viernes, 19 de marzo de 2021

14 E 21 DE MARZO: DESFRUTAMOS COS NÚMEROS E OS VERSOS

Dous días importantes para celebrar coa araña Maraña:

14 de Marzo: Día Internacional das Matemáticas


21 de Marzo: Día da Poesía






O 14 de marzo de 2019 foi aprobado pola UNESCO, a proposta da Unión Matemática Internacional, a celebración do Día Internacional das Matemáticas.

As matemáticas son unha ciencia que se encarga do estudo dos números, das formas e das construcións xeométricas, así como as súas propiedades e as súas relacións. As matemáticas están na nosa vida, nos nosos xogos,... e teñen a súa linguaxe, a cal comunica á humanidade con todo o que rodea o universo.

Esta data coincide co Día do Número Pi, onde tamén se celebra a existencia dunha constante matemática. A data escollida foi a representativa do número 3/14.

O alumnado de 3º e 4º de primaria estivo investigando sobre o Número Pi e aprendendo algunha curiosidade. Por exemplo, o número Pi é un  número que se obtén ó dividir a lonxitude dunha circunferencia entre o seu diámetro. Así o puxeron en práctica, aínda que os resultado non foron exactos.

















A nosa mascota, a araña Maraña, nos anima a ler e desfrutar da lectura sobre o mundo matemático.


21 de Marzo: Día da Poesía
Este luns comezaremos a semana desfrutando coa poesía que nos recomenda a nosa mascota:





miércoles, 10 de marzo de 2021

8 de MARZO, DÍA DA MULLER

 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este día é unha data moi sinalada para poñer en valor a contribución da muller na nosa sociedade e para reflexionar sobre o longo camiño que moitas mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seu dereitos e así, visibilizar a súa contribución nas facetas da vida, da cultura, da arte, da ciencia...

Desde a escola temos que seguir avanzando neste camiño, animando ó noso alumnado a desexar e perseguir un mundo mellor, no que homes e mulleres convivan nun auténtico estado de IGUALDADE.

Entre todo o alumnado da escola elaborouse este fermoso cartaz ponderando a figura da muller con grandes cualidades. O cartel tamén ten códigos QR a través dos cales podemos obter información sobre grandes mulleres que contribuíron a mellorar a nosa sociedade.



Unha das nosas mestras sorprendeunos  cun vídeo grabado por un grupo de antigos alumn@s do colexio de Vilar de Barrio, que animan ós nosos pequen@s a perseguir os seus soños independentemente do seu xénero e, a seguir loitando pola IGUALDADE  entre homes e mulleres.
Para poder visualizalo, pincha no seguinte enlace:



Recordamos co noso alumnado quenes son as protagonistas dos diferentes recunchos de BIBLIOMARAÑA: 
ANTONIA FERNÁNDEZ GRANDE: Antiga mestra da nosa escola moi querida polos seus compañeir@s e polo seu alumnado. 







                                                           ROSALÍA DE CASTRO: A autora máis universal da nosa lingua.







MANUELA BARREIRO PICO: Farmacéutica galega. A primeira muller licencicada pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1901.








            MARUJA MALLO: Unha das principais artistas da Xeneración do 27








ANTONIA FERRÍN MOREIRAS: Matemática e astrónoma galega









Durante estos días, a mascota de BIBLIOMARAÑA anímanos a desfrutar coa lectura destes lilbros:

Esta semana tamén nos visitaron unhas compañeiras do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" para falar sobre a Igualdade e aclarando diferentes conceptos en relación ó tema co alumnado de 5º e 6º de primaria.





 Ademais, dun xeito lúdico e coa axuda dos esconabots, o alumnado da nosa escola puido coñecer grandes descubrimentos de mulleres que melloraron a nosa calidade de vida.





















martes, 2 de marzo de 2021

24 de FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 


O 24 de febreiro festexamos o aniversario do nacemento da autora máis universal das nosas letras, Rosalía de Castro. Muller culta, representante do Rexurdimento e protagonista na nosa biblioteca BIBLIOMARAÑA, onde temos un espazo co seu nome.

Durante a semana pasada o alumnado do noso cole, recitou varios poemas a través dos micrófonos da nosa radio. A continuación, podedes escoitalos: