jueves, 4 de abril de 2024

PROXECTO DONAS DE SI

O programa "Donas de si" , enmarcado no Plan Proxecta, ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural.

 Dentro das moitas actividades do proxecto, hoxe, 2de abril, tivemos a visita dun escritor e unha ilustradora na nosa Biblioteca para levar a cabo unha xornada sobre unha muller importante que, neste caso, eleximos que fora Luisa Villalta por ser a homenaxeada nas Letras Galegas deste ano. Mentres o escritor nos falou da súa vida e obra, a ilustradora mostrounos as súas dotes de artista nun mural da parede, e a continuación, todo o alumnado fixo un retrato de Luisa Villalta seguindo as instrucións dadas pola ilustradora profesional.


martes, 2 de abril de 2024

2 ABRIL - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 Dende Bibliomaraña queremos destacar este día xa que, os libros, ademais de fonte de entretemento son unha poderosa ferramenta para enriquecer a vida do noso alumnado, fomentando a creatividade, a imaxinación e o pensamento crítico.

Amosámosvos a mensaxe e o cartaz que a representa, que este ano nos chega dende Xapón para a infancia do mundo, traducida a moitas linguas para a súa difusión internacional, e por suposto, colaboramos en difundir.

 A ilustradora Nana Furiya foi a encargada de elaborar o cartel deste ano 2024 en colaboración coa escritorEiko Kadono, autora da mensaxe:  

Sobre as alas, os contos viaxan. Desexando sentir o latexo do teu corazón.

Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.

Ás veces vou nas alas do vento. Outras, nas alas das ondas.

E outras nas aliñas dun gran de area.

Por suposto, tamén subo nas alas das aves migratorias.

E, de cando en vez, incluso nas dos avións.

Despois, sento ao teu carón, abro as miñas páxinas e cóntoche a historia que queiras.

Quizais unha historia fantástica?

Ou prefires unha historia triste? De medo?

Unha para rir ás gargalladas?

E se polo de agora non queres escoitar ningunha, non pasa nada.

Seguro que algunha vez terás ganas. Daquela, chámasme. Non tes máis que dicir:

«Conto Viaxeiro, ven aquí!», e irei voando ao teu lado.

 

Teño historias a moreas.

A historia dunha illa que, farta de estar soa e aburrida, aprendeu a nadar para facer amizades...

Ou a dunha misteriosa noite en que apareceron dúas lúas...

E aquela de cando Papá Noel se perdeu...

 

A ver? Si, si, seica estou oíndo latexar o teu corazón!

Bom, bom! Bum, bum! Pumba, pumba!

Iso é que o Conto Viaxeiro está dentro de ti e fai soar as campás do teu corazón.

Seguro que a próxima vez es ti o Conto Viaxeiro e desexarás ir de viaxe!

E deste xeito, no mundo nacerá un novo Conto Viaxeiro. 



martes, 26 de marzo de 2024

DIA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL (20 MARZO)

 Se sempre queremos fomentar a lectura, este día quixemos facelo dun xeito especial, facendo que todo o alumnado pasara pola Biblioteca e adicara un tempo a ler de maneira individual, narrar algunha historia para o resto do grupo ou a representar algún conto.



lunes, 25 de marzo de 2024

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 En días previos ó 21 de marzo, preparouse no corredor do colexio unha selección de libros con poemas para chamar a atención do alumnado e adicaran máis tempo á poesía. Por outra banda, a nivel de aula, en todas as asignaturas se traballou con diferentes poemas lidos e cantados.


Fixéronse, nas diferentes áreas, actividades con poemas. Un exemplo destas foi a proposta que fixo a Araña Maraña co libro de Antón Cortizas Os versos da Mariola, o alumnado aprendeu un dos poemas, púxolle música e despous xogou no patio á mariola mentras o entonaba.



domingo, 17 de marzo de 2024

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

 O 15 de marzo conmemoramos o Día Muncial dos Dereitos do Consumidor. Nos días previos tratamos de pescudar información sobre o que significa ser consumidor e cales son os nosos dereitos como consumidores e consumidoras. Feito esto tratamos de facer algún produto final no que quedara plasmada esta información. Estes son algúns dos murais ou carteis elaborados cos seus ordenadores ou nas tabletas.




viernes, 15 de marzo de 2024

TRABALLAMOS A IGUALDADE CON SCRATCH

 Levamos todo o curso co proxecto de igualdade, abordándoo en todas as áreas e desde todoas as ferramentas posibles. Estes días facemos un pouco máis de fincapé en scratch, co fin de acadar un proxecto con esta ferramenta no que o fío sexa a igualdade. Deixámosvos unha captura de parte do código para que o vexades por dentro, pero tamén vos damos a opción de xogar. Esperamos que o desfrutedes.


Preme na foto do xogo e abriráse nunha nova xanela para que podas xogar:



jueves, 14 de marzo de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS -14 MARZO

 

Hoxe, 14 de marzo conmemórase o Día Internacional das Matemáticas. Hoxe a nosa biblioteca encheuse de números, enigmas e xogos matemáticos.

Os/as maiores prepararon retos matemáticos; e hoxe, todos e todas tiveron un tempo para resolvelos. A continuación fixemos unha posta en común con resultados para valorar se fomos quen de chegar á solución correcta. Foi moi divertido.




O alumnado dos primeiros cursos de primaria e de infantil adicaron parte do día a diversas actividades de matemáticas manipulativas, entre elas facer figuras usando tangram, series, números, formas... tanto de xeito manual como no panel dixital.