domingo, 13 de febrero de 2022

11 de FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Este venres, 11 de febreiro en Bibliomaraña viviuse unha xornada de ciencia coa exposición de varios proxectos e experimentos q abarcaron todos os campos.

             PORQUE A CIENCIA É DE TODXS

Antía falounos de matemáticas, centrándose na xeometría ; Roi experimentou con zumo d laranxa e un test d antíxenos, demostrándonos como se pode obter un falso positivo ou negativo.

Pablo amosounos bacterias laranxas e amarelas, fungos, embrións de piñeiros a partir de piñóns seleccionados e tratados nun laboratorio, microcultivos de alcornoques e castiñeiros en diferentes fases de crecemento e incluso aprendemos como controlar unha especie de flora invasiva, como as acacias, empregando bacterias;

Xoel explicounos as propiedades dun fluído non newtoniano e comprobamos como se pode comportar coma un líquido ou coma un sólido en función da forza que se exerce sobre el.

Por último, o alumnado maior, tomou mostras da súa propia saliva, depositándoa en placas Petri con un preparado q favorece a multiplicacion das bacterias e nuns días poderemos observar como se reproduciron algunhas das moitas que temos na boca.

Unha xornada interesante.









domingo, 6 de febrero de 2022

DÍA MUNDIAL DA RADIO, AS NOSAS FESTAS

13 de FEBREIRO, DÍA MUNDIAL DA RADIO

 Pola celebración do Día da Radio, o noso alumnado preparou un podcast no que nos contan curiosidades das nosas festas.


Alumnado de 5º e 6º investigan as nosas festas, ritos e costumes...

Nesta ocasión, cóntanos curiosidades da Festa de San Xoán e a Candeloria.






jueves, 3 de febrero de 2022

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

Alumnado e profesorado sumámonos a levantar a voz en favor da PAZ!!

Estes días estivemos reflexionando sobre a importancia de vivir en PAZ. Para lograr alcanzala, temos que evitar a violencia e comprometernos a resolver os conflitos de forma pacífica. 

Entre tod@s demos vida á Nosa árbore con desexos de Paz e os máis pequen@s do cole, pintaron o seu mural.

Nesta ocasión  nosa Xanela cultural preparou un programa de Radio con grandes desexos. O alumnado de 5º e 6º cóntanos quen foi Mohandas Karamchand Gandhi e a importancia deste personaxe na resolución de conflitos.



 



 

"Non hai camiño para a Paz, 

a PAZ é o camiño"