martes, 22 de diciembre de 2020

LECTURIÑAS E TEMPOS DE LECER COA FAMILIA

 A araña Maraña quere dar a noraboa a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado, persoal non docente), poñendo en valor o esforzo que se levou a cabo durante este trimestre.

Agora toca descansar e desfrutar un tempo na casa coa familia.

Boas Vacacións a tod@s os pequen@s!

Non vos esquezades que "LER é SOÑAR cos ollos ABERTOS"

Nunca deixedes de SOÑAR


No seguinte enlace podes ver ó alumnado de 5º e 6º de primaria



jueves, 17 de diciembre de 2020

OBRADOIRO DE E-TEXTILES EN BIBLIOMARAÑA

 

A semana pasada, tivo lugar o Obradoiro de Biblioteca creativa en BiblioMaraña.

Tivemos a visita de Paola Guimerans, especialista na área dos Textiles e promotora da educación STEAM, incluindo o mundo artístico,vinculando as habilidades artísticas e creativas co mundo científico e tecnolóxico.

Foi unha xornada moi intensa e moi interesante onde o noso alumnado e profesorado participou activamente, poñendo en valor a innovación xunto coa creatividade e a imaxinación.  

No seguinte vídeo, vemos un resumo da xornada:

      


martes, 15 de diciembre de 2020

II RADIO MARAÑA CONTA...

 RadioMaraña segue a emitir os seus programas en directo...

Hoxe, 15 de decembro de 2020,  Irati e Aylin de 3º de primaria nos contan curiosidades sobre Animais fantásticos. Nesta ocasión imos a aprender moitas cousas sobre O Ornitorrrinco.

Non deixes de escoitalo!!




Tamén Isaura e Hugo nos contaron curiosidades moi interesantes do Dente de sable.



martes, 1 de diciembre de 2020

RADIOMARAÑA CONTA...

O noso alumnado comenzou a participar na elaboración de Programas de Radio nos recreos en RADIOMARAÑA.

A semana pasada comezou Antela e Abiel dando o parte meteorolóxico da semana e o menú do comedor.

Onte, Roi e Estrella nos contaron un conto, Bágoas debaixo da cama.


No seguinte podcast podedes escoitalos:


Esta actividade está sendo un éxito. O alumnado está preparando os seus programas con moita ilusión e bo facer...Con que nos sorprenderán na seguinte sesión? Estade atentos...e desfrutade con RadioMaraña!!