sábado, 28 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 DE OUTUBRO


        Consideramos que no Día das Bibliotecas debemos destacar a importancia das mesmas como motor de desenvolvemento das nosas actividades e fonte imprescindible para espallar a cultura. Ese día adicamos un tempo máis longo a desfrutar da lectura de xeito libre. E tamén recordando e empregando a plataforma Elbe-2, outra maneira de acceder á lectura desde calquera lugar de forma cómoda




 

jueves, 26 de octubre de 2023

LECTURA E FAMILIAS: MOCHILAS TEMÁTICAS

     O curso pasado, no marco do proxecto Lectura e Famílias, botamos a andar tres mochilas temáticas para desfrutar en familia: unha de xogos, outra de música e a terceira de manualidades. Este ano, mantemos esas tres mochilas e incrementamos a oferta con outras tres: unha de ciencia e experimentos, outra de inglés e a última de enigmas e retos.

    O sistema de funcionamento será o seguinte: son as familias as que deben solicitalas ó centro. Se estiveran ocupadas, quedan anotadas na reserva e poden estar na casa unha ou dúas semanas a criterio de cada familia. Animo...! Xa están esperándovos...!!! 


    Cada unha leva no seu interior unha folliña co material que contén, para que sexan revisadas no momento da devolución. O material funxible que conteñan, será reposto antes da seguinte entrega.

viernes, 20 de octubre de 2023

PLANETARIO

             ÍÑIGO DE LA QUADRA SALCEDO, estivo no noso cole e con el trouxo un planetario inchable. Todos estivemos dentro do planetario escoitando as súas maravillosas explicacións e viaxando con el no tempo e no espazo. paseámos polo firmamento e aprendemos moitas cousas das estrelas, do sol, da lúa e as súas fases, dos planetas e as órbitas, da Vía Láctea. das constelacións... unha xornada moi interesante...!!!


viernes, 13 de octubre de 2023

OS NOSOS FROITOS, AS NOSAS XENTES, AS NOSAS FESTAS...

        O outono, tempo de colleitas no rural. No atio do colexio temos noces e castañas, un bo almorzo para os recreos. Estamos na comarca da Limia, onde as patacas son parte importante da economía, e en concreto, en Vilar de Barrio celébrase a Festa da patacada que este ano foi a 44 edición.

        Desde Bibliomaraña unímonos ás celebracións do Concello e facemos comunidade coas nosas xentes, participando activamente nas actividades que nos propoñen. Froito desta colaboración para a Festa da pataca foron os dous murais que foron expostos no Campo da Festa e que vos mostramos a continuación, nos que as patacas son unha boa parte do material empregado. Como premio, o Concello agasallounos cunha viaxe.  Coñecemos tamén diferentes tipos de carros prestado por veciños e coñecemos os nomes de cada unha das súas partes.










miércoles, 11 de octubre de 2023

TEMPO DE COMIC

         O comic e a Banda deseñada son exo dentral da temática deste ano nas Bibliotecas Escolares. En Bibliomaraña levamos desfrutando todo o mes de outubro dunha sección temporal sobre o comic e a banda deseñada coas aportacións da maleta viaxeira que sobre este tema trouxemos da Asesoría de Bibliotecas. Con ela, poidemos completar a ampla cplección de comics que xa temos e usamos habitualmente. 




martes, 10 de octubre de 2023

MAIORES E INFANTILES DESFRUTAN DE BIBLIOMARAÑA

         A nosa biblioteca é de todos/as e para todos/as, para os/as que estamos e para quen queira vir. É un espazo aberto á comunidade e cada vez máis. Está a disposición da comunidade educativa e de calquera comunidade que se queira achegar, pero, loxicamente, quen máis desfrutamos dela somos os/as que casi "vivimos" nela, o alumnado e profesorado de infantil e primaria. Comprobádeo...









lunes, 9 de octubre de 2023

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

             Como cada ano, o alumnado maior toma o papel de padriños e madriñas lectoras do alumnado de menor idade. Cada mécores, no recreo da mañá, adícanlle uns minutiños á lectura de contos, escollendo o recuncho que queiran do patio de recreo.


viernes, 6 de octubre de 2023

SPEED DATING DE LIBROS. (Citas rápidas)

     En Bibliomaraña fixemos con 5º e 6º unhas citas rápidas de libros. Explicámosvos en que consistiu: Cada quen escolleu un libro, o que máis lle gustou ou o que lle chamou a atención polo motivo que fora. Fixemos parellas e nun minuto cada un tivo que contarlle á súa parella o que lle pareceu do libro, tratando de convencelo para que o lea. Pasados os dous minutos empregados por cada parella faise cambio de parellas, e sí ata que todo o alumnado presente o seu libro a todos e todas. Como final da estratexia, fixemos unha posta en común na que cada alumno/a explica  con cal dos libros recomendados se queda e por que.

    Foi unha experiencia bonita e resultona porque, ás veces non sabemos que libro coller no préstamo, e nese momentos todos/as tiñan desexos de ler varios títulos, polo ben que os/as demais lle falaron deles.










jueves, 5 de octubre de 2023

INAUGURACIÓN OFICIAL


             O alumnado de 6º como bibliotecarios voluntarios, axudado polo de 5º, levan días preparando todo para a apertura oficial e, porfín chegou ese día. 

              Recordáronnos normas, explicáronnos a distribución das diferentes zonas e recunchos, emparellaron ós padriños e madriñas lectoras cos seus afillados e afilladas, repartiron as mochilas viaxeiras para que empecen o seu percorrido polos diferentes fogares e sexan desfrutadas en familia; pero, sobre todo invitáronnos a mergullarnos no mundo dos libros e da lectura, a enchouparnos de novas historias e vivir novas vidas cos diferentes personaxes que vaiamos coñecendo.

              Un gran equipo de voluntarios...!!! Deixamos unhas fotiños dese día.