miércoles, 12 de mayo de 2021

BIBLIOTECA CREATIVA: O RETO DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS

 Proxecto realizado polo alumnado de 5º e 6º de primaria. Por parellas, escolleron unha familia de instrumentos. Bucaron ou gravaron o seu son, e co programa Scratch fixeron unha sinxela programación para que ó premer no instrumento desexado, se poida escoitar como soa.

Este reto foi consegiodo xa que foron capaces de conectar cada instrumento coa placa Makey-Makey e enlazar esta ó ordenador, para que reciba as instruccións que previamente programaron. 

Aquí tedes o resultado:








OBRADOIRO CON CHARO PITA

O pasado 26 de abril tivemos a visita  de Charo Pita na nosa biblioteca, BiblioMaraña.

Ó longo da mañá o alumnado participou nun obradoiro de Teatro leido e Xeografías Máxicas, onde coñeceron diferentes lendas e se divertiron a través da lectura.
Pola tarde, os pequenos de primaria e o alumnado de Infantil, desfrutaron dun tempo de Contacontos.









PARTICIPACIÓN EN CONCURSOS DE RADIO

 


A emisora de RADIOMARAÑA e o alumnado do 

CEIP_P. Vilar de Barrio están a elaborar diferentes podcast e programas.


Durante o mes de abril o noso alumnado participou en diferente concursos escolares de Radio.

Os maiores do cole gravaron un podcast para participar no Concurso de Radio proposto pola Asesoría de Bibliotecas. 

Dentro da nosa Xanela Cultural, falamos sobre a Igualdade.

E o alumnado de 3º e 4º de primaria participan nun Concurso de Radio Nacional cun programa titulado Escribe+.

Non deixes de escoitalos!!