martes, 18 de febrero de 2020

13-14 de Febreiro, Radio e dedicatorias de Amor e Amizade


.... e rematamos a Semana desfrutando coa elaboración dun Programa de Radio en directo adicado ó Día da Radio e San Valentín.
Calquer ocasión é boa para que os pequenos se poñan detrás dos micros.
A radio segue a ser un recurso moi interesante para o noso alumando.
Aproveitando estas datas, os pequenos de primaria fixeron un Programa de dedicatorias de Amor e Amizade.

11 de Febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O pasado martes, 11 de febreiro A Araña Maraña quixo facer unha pequena homenaxe ás Mulleres na Ciencia. Visibilizar os seus descubrimientos  é fundamental para crear roles nas nosas xóvenes para que poidan verse reflexadas e pechar a brecha de xénero na Ciencia.
Así, fixemos unha investigación da biografía dalgunha delas que lles resultou moi interesante ó noso alumnado. Así quedou reflexado no seguinte cartaz:

A conitnuación, podedes ver algunhas fotos do proceso da investigación:





30 DE XANEIRO, TEMPOS DE PAZ


30 de xaneiro, tempo de Paz no cole de Vilar de Barrio.
 Desde BIBLIOMARAÑA, intentamos defender a Paz e o entendemento entre as persoas de disitnta procedencia e modo de pensar. A araña Maraña nos recorda que todos os días deben ser días de Paz e boa Convivencia. Nesta ocasión, nos sorprendeu cunha chea de lecturas moi interesantes e cunhas paxariñas que teñen un Código QR. Se o escaneas, escoitarás unha mensaxe de Paz elaborada polo noso alumnado.



Ademáis, como actividade dentro do Plan de Convivencia e Bibliomaraña, tivemos unha xornada de formación sobre a Educación en Igualdade para alumnado e familias coa colaboración de a Asociación FEMURO.