30 de xaneiro, tempo de Paz no cole de Vilar de Barrio.
Desde BIBLIOMARAÑA, intentamos defender a Paz e o entendemento entre as persoas
de disitnta procedencia e modo de pensar. A araña Maraña nos recorda que todos
os días deben ser días de Paz e boa Convivencia. Nesta ocasión, nos sorprendeu
cunha chea de lecturas moi interesantes e cunhas paxariñas que teñen un Código QR.
Se o escaneas, escoitarás unha mensaxe de Paz elaborada polo noso alumnado.
Ademáis, como actividade dentro do Plan de Convivencia e Bibliomaraña, tivemos unha xornada de formación sobre a Educación en Igualdade para alumnado e familias coa colaboración de a Asociación FEMURO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario