jueves, 28 de febrero de 2019

ENTROIDO II

TRADICIÓN E IMPRESIÓN 3D 
MESTÚRANSE DURANTE O 
ENTROIDO NO COLE DE VILAR DE BARRIO

Durante os días previos ó Entroido a nosa Impresora 3D non parou de traballar.
A Araña Maraña quería que todos os alumnos e alumnas fixeran e decoraran o seu imán de Pantalla, Felo ou Vergalleiro.
Despois de moito esforzo, todos levaron o seu agasallo.
A continuación podedes ver o proceso e o resultado.
 Impresionante!!
Noraboa compañeir@s!!























ENTROIDO I


TRADICIÓN E TECNOLOXÍA MESTÚRANSE DURANTE O 
ENTROIDO NO COLE DE VILAR DE BARRIO

Como dicen Ramón D. Veiga e David Sierra no seu libro É tempo de Entroido, "É tempo de festa, de máscaras, de filloas e de cocido". Esta tarde, os alumnos e alumnas de 2º de primaria desfrutaron coa lectura das rimas deste libro, onde os personaxes do Entroido "danse unha boa paparota".







Despois da lectura, xogamos cos escornabots a identificar os personaxes do Entroido da provincia de Ourense. 







DÍA MUNDIAL DA RADIO

Finaliza o mes de febreiro, e a nosa biblioteca, a pesar de estar en reformas, segue a súa andaina.
O  pasado13 de Febreiro, foi o Día Mundial da Radio. Aproveitamos este día para reflexionar Que supón para o noso alumnado ter un laboratorio de radio na escola.
No seguinte vídeo, podedes ver e escoitar as súas reflexións:




martes, 26 de febrero de 2019

24 de febreiro, Día de ROSALÍA


Estos días, a Araña Maraña quixo facer unha pequena homenaxe a Rosalía.
Así, o alumnado de 2º e 3º de primaria, coñeceron e desfrutaron a vida e obra da nosa escritora, Rosalía de Castro.
Nesta ocasión empregamos un pouco de Gamificación:
 Robótica, códigos QR, tablets e lectura dixital. Todo axudou para aprender, ler e desfrutar.

Lanzamos dados e programamos o escornabot para que camiñe ata a casilla correspondente. A continuación, collemos a tablet, a app QRDroid nos permite escanear o código e nos abre un arquivo para ler. Hai arquivos sobre a biografía e outros, de poemas da autora homenaxeada.










martes, 19 de febrero de 2019

Segundo lector "Zampalibros"

Xa temos a un segundo ZAMPALIBROS, Iván Vázquez Cid de 2º de primaria. A continuación, podedes escoitar a súa entrevista. Noraboa Iván!!

jueves, 7 de febrero de 2019

Club de lectura

... e aínda que a nosa Biblioteca está en obras, nós seguimos "Á voltas cos libros".
O alumnado de 2º de primaria rematan o seu segundo libro, no Obradoiro de lectura.
Norabao pequenos lectores!!!





ZAMPALIBROS


Xa temos a novos "ZAMPALIBROS": Tatiana Gómez e Kevin Vences.
Noraboa lectores!!


Programa de Radio, ZAMPALIBROS

Ola amig@s! 
Hoxe vos quero presentar un novo Programa de Radio, O ZAMPALIBROS. Trátase dun espazo de entrevistas ós lectores e lectoras que cheguen ó Nivel de Zampalibros. Estreamos este programa coa entrevista a Martín Sánchez Casado.
Detrás dos micrófonos, temos a Érika Souto e Adrián Vences, alumn@s de 6º de primaria. Acompañados polo mestre, Alfredo. 
Espero que vos guste!!



Celebración do DÍA DA PAZ


Ola amig@s! Nesta ocasión a Araña Maraña propúxenos unha nova dinámica para conmemorar este día, combinando lectura, deseño e impresión 3D, mensaxes, vídeos e códigos QR.
Os pequenos de primaria imprimiron unha pomba que ía acompañada dunha mensaxe de Paz. Esta mensaxe pódese ver ó escanear un código QR. Cada nen@ regalou a un compañeir@ a súa pomba e a súa mensaxe de paz persoalizada.
Os maoires do cole fixeron tamén un agasallo ós pequenos, pero neste caso, foi un deseño feito por eles mesmos no programa Tinkercad.
O 30 de xaneiro, reunímonos todos e intercambiamos os agasallos. Ademais, alumnas e alumnos de 4º e 6º nos leron un conto, O Lapis Máxico de Malala.
Foi unha tarde moi emotiva!!

A continuación, tedes un resumo no seguinte vídeo:



Os maiores do cole, alumnos e alumnas de 4º e 6º de primaria, crearon un podcast cun conto titulado Un conto para a PAZ. A continuación podedes escoitalo: