Dentro da sección de “Celebracións”, puxemos o broche final ao curso cunha xornada moi divertida chea de xogos de auga ao aire libre.
Organizamos ao alumnado en equipos, e foron rotando por diferentes obradoiros preparados no patio, desfrutando de propostas lúdicas e refrescantes que fixeron desta despedida un momento moi especial.
Entre as actividades propostas non faltaron as pompas de xabón, que encheron o aire de cor e maxia, nin os circuitos de trasvases de auga na nosa zona motriz do patio, onde experimentaron, manipularon e xogaron con diferentes materiais.
Tamén houbo tempo para a diversión máis dinámica no circuito de pneumáticos, así como para os sempre esperados xogos con globos de auga, que provocaron risas, emoción e moita alegría entre o alumnado.
Foi unha xornada perfecta para compartir, convivir e despedir o curso dun xeito lúdico, refrescante e cheo de bos momentos que quedarán no recordo de toda a comunidade educativa.
























































.jpg)