Para poñer o broche final ao curso, no alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria realizamos unha actividade moi especial chamada “O frasco dos recordos”.
Nesta proposta, cada neno e nena elaborou o seu propio frasco, decorándoo e enchéndoo con area e cunchas, creando así un pequeno obxecto cheo de significado e simbolismo, que nos lembra ao longo do curso vivido.
O máis importante da actividade foi o momento de reflexión no que cada alumno e alumna pensou e escolleu o seu mellor recordo do curso: unha experiencia, unha actividade, unha amizade ou un momento especial que quixo gardar para sempre.
Este frasco converteuse nun fermoso recordo material e emocional, que permite revivir todo o aprendido e compartido durante o ano escolar.
Unha actividade sinxela, creativa e moi emotiva que nos axudou a pechar o curso mirando cara atrás con sorrisos… e cara adiante con ilusión.








No hay comentarios:
Publicar un comentario