Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, realizamos tamén unha actividade dirixida a achegar o alumnado máis novo ao mundo da reciclaxe e á importancia de coidar o noso planeta a través de pequenos xestos cotiáns.
Comezamos conversando sobre que é a reciclaxe,
por que é importante e cales son os diferentes contedores que podemos atopar no
noso contorno. A través de explicacións adaptadas á súa idade e de exemplos
prácticos, os nenos e nenas aprenderon a identificar onde debe depositarse cada
tipo de residuo.
Para facilitar a súa participación no día a día
da aula, elaboramos diferentes soportes visuais que nos axudan a
clasificar correctamente os residuos e a lembrar os hábitos de reciclaxe que
queremos adquirir.
Ademais, puxemos en marcha un sistema de
responsabilidades mediante un rexistro de encargados e encargadas, que
cada día se ocupan de baleirar as papeleiras da aula nos contedores
correspondentes. Deste xeito, fomentamos a autonomía, a responsabilidade e o
compromiso co coidado do medio ambiente.
Con esta actividade demos os primeiros pasos para incorporar a reciclaxe ás nosas rutinas diarias, entendendo que cada acción conta á hora de construír un entorno máis limpo, sostible e respectuoso coa natureza.





No hay comentarios:
Publicar un comentario