viernes, 12 de febrero de 2021

Día da Radio e Entroido na Escola



DÍA DA RADIO 
TEMPOS DE ENTROIDO


É tempo de Entroido, de troula, ...Ademais mañá, día 13 de Febreiro é o Día Mundial da Radio

E que mellor ocasión para celebrar estes días co noso alumnado, elaborando un programa conmemorativo. Aproveitamos para felicitar A PONTE NAS ONDAS, que recentemente estiveron de aniversario.


martes, 9 de febrero de 2021

RADIO-TEATRO: PEDRO E O LOBO

 O alumnado de 3º e 4º de primaria, nos sorprenden cun conto-teatro "Pedro e o Lobo" gravado na nosa radio, RadioMaraña. 

Non podes deixar de escoitar as mensaxes publicitarias.

Trátase dunha actividade conxunta das áreas de Lingua Galega e Lingua Castelá:




ESPAZO FALADOIRO: CHARLAS CIENTÍFICAS

 A semana pasada tivo lugar en BiblioMaraña unha xornadas de minicharlas preparadas polo noso alumnado de primaria.

Primeiro, o profesorado fixo unha seleción de libros, neste caso o tema era de Ciencias Naturais, e o alumnado foi visitando a biblioteca para escoller un libro e así, facer unha pequena investigación.

Foi unha experiencia moi gratificante. Noraboa a tod@s participantes.




A continuación, a nosa mascota, preparou unha guía de axuda para preparar a charla.



Finalmente, o alumnado converteuse no protagonista do día, mostrando os seus coñecemento sobre o tema elexido e compartindo o aprendido cos seus compañeiros e mestres.





















XORNADAS DE BIBLIOTECA CREATIVA:POSIBILIDADES DE IMPRESIÓN 3D

 O pasado mes de novembro, fomos convidados a participar nas Xornadas de Biblioteca Creativa.

A nosa dire, Manuela Iglesias Baltar, presentou modelos de actividades que se desenrolan no cole coa impresora 3D.






A NOSA BIBLIOTECA, PLAN LIA.2

 Comezamos o ano coa publicación do vídeo de presentación de  BIBLIOMARAÑA. Vídeo elaborado  pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Nel se pode observar a transformación do espazo dos últimos anos, resultado de moito esforzo creando un espazo educativo integral onde teñen lugar diversidade de actividadess. BiblioMaraña está dentro do Plan LIA.2.