miércoles, 11 de diciembre de 2019

ACTÚA, O NOSO PLANETA ESTÁ EN RISCO!!





O cambio climático está a suceder máis rápido do previsto e ameaza o futuro de todo aquilo que amamos.
Cada día hai máis probas que evidencian o risco que sufre o noso planeta.
Profesorado e alumnado do CEIP-P. Vilar de Barrio, aportan ó seu granciño de area para concienciar á sociedade de que todas e todos podemos facer algo para cambiar esta situación. No seguinte vídeo, co lema “ACTÚA” , nenas e nenos propoñen unha chea de consellos. 
ACTÚA POR UN MUNDO MELLOR!!!



lunes, 25 de noviembre de 2019

25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra as Mulleres


Todo o alumnado e profesorado do CEIP-P. Vilar de Barrio, nos sumamos á conmemoración de esta data, intentando educar en igualdade. Despois dunha reflexión, creando consciencia deste problema social, entre todas e todos, preparamos este vídeo.




Ademais, Alba, Noa e Lucas  leron un conto ós máis pequenos do cole, onde a protagonista é unha auténtica heroína A pirata Daniela.






miércoles, 30 de octubre de 2019

SAMAÍN: Creacións plásticas, literarias e audiovisuais




CELEBRACIÓNS 
DO 
OUTONO:

 SAMAÍN-HALLOWEEN
O MAGOSTO


En pleno outono, chega unha das celebracións máis esperadas polas nenas e nenos do cole.
A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo Celta. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos...


Lecturas terroríficas
Creación de Historias
Descrición de personaxes 
Vídeos de monstros en Inglés





Para a celebración de este día, a Araña Maraña, nos convida a participar na creación de historias, contos.... sobre algún esceario terrorífico creado polo alumnado.














Os maiores nos describen personaxes de medo en inglés:



Para poder ver os demais vídeos, pincha no enlace:



Atrévete a escoitar as historias de medo dos nosos alumnos e alumnas a través do escaneo destes códIgos QR:












FESTA DA PATACA

Este mes de outubro o Concello de Vilar de Barrio celebrou a súa FESTA DA PATACA.
O concello en colaboración co colexio e outros centros educativos da Comarca da Limia, promoveu a creación literaria e artística no ámbito escolar convocando ós escolares na participación nun concurso.

Se queres ler as composicións escritas do noso alumnado pincha no seguinte enlace:

https://issuu.com/laugg77/docs/traballos_pataca


A continuación, podedes ver as creacións feitas polos cativos e as súas familias, feitas con patacas: escudos, vodas, tartas, escolas, pontes, ... Uns verdadeiros artistas:















LEMA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Ilustración de Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. 

Este curso 2019-20, a Araña Maraña está a preparar un novo espazo, cun gran obxectivo:
Conseguir que a nosa biblioteca  escolar ofreza a oportunidade de exercitar as competencias intelectuais e emocionais, para convivir e construír cidadanía.

martes, 9 de julio de 2019

UNHA DESPEDIDA MOI EMOTIVA

O día 18 de xuño o alumnado de 6º curso sorprendeunos a todo o profesorado cun programa de Radio Especial.Familias e alumnado empregaron a nosa radio Maraña, para despedirse de todos nós e da súa escola durante tantos anos.

Como podedes escoitar, exerceron de reporteiros con gran desenvolvemento e mostraron todo o aprendido no noso laboratorio de radio nestes últimos cursos.
Noraboa chicas e chicos!! Todo o profesorado e a Araña Maraña estamos moi orgullosos e emocionados.
Moita sorte na vosa nova etapa. Visitade a nosa biblioteca e o noso cole sempre que queirades.
Bo verán para tod@s!!





martes, 11 de junio de 2019

I FEIRA DE EXPERIMENTOS



Hoxe, a Araña Maraña, síntese moi emocionada. A razón é a gran acollida que tivo esta primeira convovatoria de BARRICIENCIA. Alumando e familias participaron toda mañá deste mércores na exposición de experimentos. Todos aprendemos e desfrutamos moitísimo coas intervencións das nosas científicas e científicos. NORABOA A TODAS E TODOS!!

Sabíamos que a Ciencia atrae moito a curiosidade dos nosos pequenos e pequenas. Con esta xornada queríamos fomentar a investigación, poñendo en valor a importancia do traballo cooperativo, o desenvolvemento de ferramentas para tratar a información e por suposto, as habilidades lingüísticas. Trátase de fomentar unha forma diferente de mirar o mundo no que vivimos, tratando de comprendelo e valoralo.

A continuación preséntanse dous vídeos da xornada:





martes, 14 de mayo de 2019

ENTREVISTA A DELFÍN CASEIRO


O etnógrafo e historiador Antón Fraguas é o protagonista  das Letras Galegas de 2019. Coa súa obra deixou un gran legado orientado a coñecer, conservar e difundir a memoria de Galiza, o noso patrimonio cultural, que ten como espazo de referencia o Museo do Pobo Galego.

Na nosa comarca, concretamente en Vilar de Santos, temos o Museo Etnográfico da Limia. O seu presidente é Delfín Caseiro Nogueiras, catedrático de Lingua galega e Literatura e coautor dos libros de texto de Bahía Edicións: Actividades de Construción Gramatical, Actividades de Expresión, Actividades de Léxico 1 e 2. Ademais, Delfín é o noso Inspector de Educación. 

Fai uns días, visitou a nosa escola e o alumnado de 6º de primaria tivo a oportunidade de facerlle unha entrevista na nosa radio, RadioMaraña.

Nesta entrevista o noso convidado, define o Museo Etnográfico da Limia como un lugar de encontro co pasado, coas nosas sinais de identidade, onde se intenta gardar a memoria das cousas e das persoas da nosa comarca. Desde xa hai 20 anos está situado na antiga Casa Reitoral, algún historiador manifesta que tamén foi un Hospital de peregrinos que viñan a facer o Camiño de Santiago pola ruta portuguesa. Neste museo pódese atopar unha Sala adicada á nosa Lagoa de Antela, onde se conserva unha das barcas coas que se desprazaban polo humedal. Tamén hai unha sala do Liño e unha Biblioteca que recolle a obra artística de persoas nacidas ou vinculadas á comarca da Limia. Nesta biblioteca hai obras de  Antón Tovar, Carlos Casares,  Rivero Coello, Chus Pato, ...entre outros.
Delfín contounos moitas curiosidades sobre este lugar tan singular. 
A continuación, podedes escoitar a entrevista completa. Desexamos que vos guste!

Grazas Delfín pola túa visita á nosa Radio.


martes, 30 de abril de 2019

A XANELA CULTURAL: ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2019


Co gaio do día das Letras Galegas 2019 adicadas a Antón Fraguas, personaxe destacado na defensa do Patrimonio Galego. En Radio Maraña fixemos un percorrido por algunhas das manifestacións deste patrimonio na nosa Comunidade Autónoma, e tamén na nosa contorna.
Entrevistamos a Delfín Caseiro Nogueira, presidente do Museo Etnográfico da Limia. Tamén falamos cos nosos maiores para que nos contaran as súas lembranzas en temas como o Entroido, tan arraigado na nosa comarca da Limia. De que xeito cambiou a vida das nosas avoas e avós e, incluso, falamos con algúns dos peregrinos e peregrinas dos moitos que pasan polo noso pobo con destino a Santiago, e fan noite para descansar no noso albergue. Como non pode ser menos, tampouco vai faltar a música no noso programa... e algunha que outra sorpresa.
Este podcast é presentado no I Concurso de Podcast_ Radio na Biblio. 
Desexamos que vos guste.


jueves, 21 de marzo de 2019

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Hoxe, 21 de marzo,
o alumnado de 2º de Primaria
 recita poemas de Antonio García Teijeiro.
Poemar o mar
 


jueves, 28 de febrero de 2019

ENTROIDO II

TRADICIÓN E IMPRESIÓN 3D 
MESTÚRANSE DURANTE O 
ENTROIDO NO COLE DE VILAR DE BARRIO

Durante os días previos ó Entroido a nosa Impresora 3D non parou de traballar.
A Araña Maraña quería que todos os alumnos e alumnas fixeran e decoraran o seu imán de Pantalla, Felo ou Vergalleiro.
Despois de moito esforzo, todos levaron o seu agasallo.
A continuación podedes ver o proceso e o resultado.
 Impresionante!!
Noraboa compañeir@s!!