O etnógrafo e
historiador Antón Fraguas é o
protagonista das Letras Galegas de 2019. Coa súa obra deixou un gran legado
orientado a coñecer, conservar e difundir a memoria de Galiza, o noso
patrimonio cultural, que ten como espazo
de referencia o Museo do Pobo Galego.
Na nosa comarca,
concretamente en Vilar de Santos, temos o Museo
Etnográfico da Limia. O seu presidente é Delfín Caseiro Nogueiras,
catedrático de Lingua galega e Literatura e coautor dos libros de texto de
Bahía Edicións: Actividades de
Construción Gramatical, Actividades de Expresión, Actividades de Léxico 1 e 2.
Ademais, Delfín é o noso Inspector de Educación.
Fai uns días, visitou a nosa escola e o alumnado de 6º de primaria tivo a oportunidade de facerlle unha
entrevista na nosa radio, RadioMaraña.
Nesta entrevista o noso
convidado, define o Museo Etnográfico da Limia como un lugar de encontro co
pasado, coas nosas sinais de identidade, onde se intenta gardar a memoria das
cousas e das persoas da nosa comarca. Desde xa hai 20 anos está situado na antiga Casa Reitoral, algún historiador manifesta que tamén foi un Hospital de peregrinos que viñan a facer o Camiño de Santiago pola ruta portuguesa. Neste museo pódese atopar unha Sala adicada á nosa Lagoa de Antela, onde se conserva unha das barcas coas que se desprazaban polo humedal. Tamén hai unha sala do Liño e unha Biblioteca que recolle a obra artística de persoas nacidas ou vinculadas á comarca da Limia. Nesta biblioteca hai obras de Antón Tovar, Carlos Casares, Rivero Coello, Chus Pato, ...entre outros.
Delfín contounos moitas curiosidades sobre este lugar tan singular.
A continuación, podedes
escoitar a entrevista completa. Desexamos que vos guste!
Grazas Delfín pola túa visita á nosa Radio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario