martes, 28 de febrero de 2023

13 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO

   


    
 
Desde Radiomaraña, a radio do CEIPP de Vilar de Barrio, aproveitando que temos entre mans moita información sobre Rosalía de Castro, xa que o 23 de febreiro é o Día de Rosalía, decidimos facer un listado de datos que nos pareceron curiosos e nos chamaron a atención, e con eles, facer un ha nova edición do programa SABÍAS QUE...?  Esta vez, adicado á raíña da literatura galega.

    Preme para escoitar:

sábado, 25 de febrero de 2023

CONSUMO RESPONSABLE E ENTROIDO

    Como estamos en tempo de entroido e no mes de marzo se celebra o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, fixemos un remix destas dúas conmemoracións e en colaboración co Instituto Galego de Consumo levamos a cabo en Bibliomara o obradoiro "Consellos para un entroido seguro e sen riscos", no que unha traballadora de Consumo compartiu con nós información moi interesante sobre etiquetados, normas de seguridade de produtos e embalaxes, consumo responsable, simbolo da unión europea nos produtos para asegurarnos q cumplen a normativa... Un día moi fructífero no que acabamos facendo a nosa propia máscara.








    Na última semana, obedecendo as ordes da meca, cada día asistimos ó colexio disfrazados do que tocou. Chegado o venres de entroido, día da festa grande, saímos polo pobo acompañadps de familias e veciñanza, pero antes de percorrer as rúas, fixemos a visita obrigada ó Centro de Día, onde, os nosos amigos e amigas, cos que todo o curso colaboramos facendo comunidade, nos estaban esperando con ilusión, pinchos e disfraces, acompañados tamén polas súas familias e persoal do Centro. Foi fantástico...










        Rematamos comendo orellas doces de entroido no patio do colexio, coma todos os anos.

viernes, 24 de febrero de 2023

ILUSTRACIÓNS E TIRAS CÓMICAS

 Despois de commemorar o Día da Ilustración. O alumnado púxose mans a obra e tratou de meterse no papel dos ilustradores e ilustradoras realizando algunha tira cómica ou unha ilustración na que expresaron graficamente o que lles suxeriu algún libro dos que leron. Podes premer no enlace para ver algunhas como mostra.

VER ILUSTRACIÓNS E TIRAS CÓMICAS

lunes, 20 de febrero de 2023

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

     Despois de adicar o mes de novembro á ciencia en galego na biblioteca, non quixemos deixar pasar este día. Pensamos que desde Bibliomaraña é un bo lugar para o empoderamento das mulleres e quixemos dar un empuxe para destacar a súa importancia no campo científico e animar ás nosas nenas a loitar polo seu futuro no eido que máis lles guste, sen ningún tipo te atrancos externos.

    O alumnado levou a cabo unha investigación sobre diversas mulleres que ó longo da historia destacaron en algunha rama da ciencia, medicina, astroloxía, enxeñería... e o resultado da súa búsqueda foi plasmado en presentacións de google que despois expuxeron ante o resto do alumnado.

    Foi curioso descubrir que o invento dalgunha destas científicas foi collido como modelo para a fabricación de xoguetes, que casualmente un alumno tiña na casa e trouxo o día da exposición para poder facer unha comparación paralela co real. 




Traballamos na aula cun vídeo da Asociación de mulleres Investigadoras e Tecnólogas que busca denunciar o efecto Matilda, que é a discriminación e prexuízo que se produce en contra dos logros das mulleres científicas cuxas achegas adoitan atribuírse ós homes. 

Preme na imaxe se queres volver ver o vídeo:

Por último, o alumnado recibiu no seu correo  a ligazón a un vídeo que a Unidade de Divulgación científica e Cultural da Universidade da Coruña elaborou e compartiu con toda a Comunidade educativa para celebrar este dia. Nel, varias científicas fálannos do seu traballo e dannos a posibilidade de enviarlle preguntas que xos xurdan. A Araña Maraña propón ver o vídeo con lapis e papel para ir anotando dúbidas que despos enviaremos ás científicas da Universidade e... a esperar as respostas.

Se premes na imaxe, podes ver o vídeo:





miércoles, 15 de febrero de 2023

DÍA DA ILUSTRACIÓN

 

O día da Ilustración celébrase o 30 de xaneiro coincidindo co día do nacemento de Castelao, para reivindicar o papel dos profesionais da ilustración. Cada ano faiselle homenaxe a unha persoa diferente. Este 2023 adícase a Mª ANTONIA DANS BOADO.

O alumnado do noso centro, recopilou información sobre a vida e obra desta gran ilustradora. Fixemos tamén unha recopilación de noticias da prensa escrita e dixital que se publicaron neses días e foron comentadas na aula.

Puxémonos no lugar dos ilustradores e ilustradoras e elaboramos tiras cómicas e ilustracións relacionadas con algún dos libros de Bibliomaraña.

Fermosa profesión...! Recoñecemos que unha boa ilustración engádelle moito valor a un texto.


martes, 14 de febrero de 2023

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

 Non debería haber un día para a paz, deberíamos ter 365 libres de violencia, pero xa que iso non é posible, desde Bibliomaraña quixemos recordar como poñer o noso gran de area para contribuír á paz.

A proposta da Araña Maraña, o alumnado decorou "palabras fermosas" que foron metidas nun cofre, coma un gran tesouro, co fin de empregalas e facer un mundo mellor. Tamén elaboramos nubes de palabras relacionadas coa paz.

No patio fixemos diversas imaxes, unhas pintadas e outras humanas.

Deixámosvos unha mostra de imaxes da celebración deste día.








miércoles, 8 de febrero de 2023

ESTÁ CHEGANDO O ENTROIDO

 Xa cercanas as datas de entroido, preparamos un novo recuncho temático con ambientación e lecturas relacionadas con esta festa. Mais adiante irémosvos contando como o celebramos e que actividades fixemos.